bd. BAN-DE Revista de banda deseñada do IES Francisco Aguiar. Ano X
(enlace coa revista picando na imaxe)
10 anos publicando nun instituto de xeito ininterrumpido unha revista xa é toda unha proeza. Se, por riba, a revista é de banda deseñada roza xa a pura utopía.
Pero o certo é que non hai nada de utópico.
O Aguiar pode sacar dende hai dez anos a revista "bd" ...
- Grazas ao impulso inicial de Uxía López Meirama dende a Biblioteca e co apoio de xente tan importante neste eido como Miguel Anxo Prado.
- Ao Departamento de Educación Plástica que estivo sempre detrás do proxecto. Varios profesores e profesoras ao longo de varios anos e, sempre como fío conductor e constante animador, o profesor José Manuel Rey Bao.
- Ao equipo da biblioteca que insisiste nas súas propostas de lectura de banda deseñada e mesmo é quen de traer ata o instituto a autores como David Rubín, Paco Roca, Kim e Altarriba ou Miguel Gallardo.
- A dez xeracións de alumnos e alumnas que sostiveron co seu traballo este proxecto, algunhas (Sarela Lorenzo) premiadas en importantes certames. Este ano, na décima entrega de "bd": Ana Castro, María Dans, Alexia Fernández, Yasmín Pernas, Carmen Yáñez, Cristina Otero, Laura Rosende, Raquel Rosón, Mencía rey, Andrea e María Bugallo, Carmen Cartelle, Susana Fernández, Miriam Michaelsen, Diego de la Fuente, Manuel Lendoiro, Camila Ros e Delia Vázquez.
PARABÉNS POR FACER REALIDADE A UTOPÍA!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Ban-De 10.pdf | 4.22 MB |
»