E logo da ABAU.... Que estudar? Onde vivir mentres tanto?

 

Que estudar en Galicia? Hai vida despois da ABAU(enlace)

 

 

E agora que estudo? Aquí podes ver a oferta formativa que tes en Galicia e en España

Titulacións das Universidades

Ciclos formativos de Formación Profesional

 

Ensinanzas de réxime especial:

Ensinanzas deportivas

Ensinanzas de danza

Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais

Ensinanzas de idiomas de réxime especial

Ensinanzas deportivas

Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño

Ensinanzas superiores de arte dramática

Ensinanzas superiores de deseño

Ensinanzas de música

 

Oferta universitaria en toda España:  Titulacións Universitarias en España

 

Oferta de Formación Profesional en España:  Ciclos formativos en España

 

Prazas nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo(enlace)

 

A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2017/18.

 

Requisitos:

Alumnado que no curso académico 2017/18 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:

a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.

b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas.

As prazas poden ser gratuitas ou bonificadas:

A praza de residencia será gratuíta: Cando a renda da unidade familiar da persoa adxudicataria sexa igual ou inferior ao limiar 2* fixado polo Ministerio de Educación para o curso 2016/17 (Boletín Oficial del Estado núm. 171, do 16 de xullo). 

 

Bonificadas: cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades: 

a) Ata un 10 %: 551,99 €.

b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 846,45 €.

c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.340,98 €.

d) Máis do 30 %: 2.019,17 €.

 

Prazos:

a) Para os solicitantes matriculados en Bacharelato ata o 15 de xullo de 2017.

b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos ata o 8 de agosto de 2017.

Os trámites poden facerse en http://sede.xunta.es co procedemento ED306A

Máis información no DOG do 9 de xuño de 2017 e nos CRD:

http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/ 

http://centros.edu.xunta.es/credovigo/ 

http://centros.edu.xunta.es/credodeourense/

*O limiar 2 de renda familiar para o curso 2016-2017:

Familias dun membro: 13.236

Familias de dous membros: 22.594

Familias de tres membros: 30.668

Familias de catro membros: 36.421

Familias de cinco membros: 40.708

Familias de seis membros: 43.945

Familias de sete membros: 47.146

Familias de oito membros: 50.333

 

 Aloxamento nas Residencias de Xuventude durante o curso 2017/2018(enlace)

 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dispón de instalacións que durante o curso académico funcionan como residencias xuvenís. Como é habitual as ditas instalacións póñense a disposición dos mozos/as estudantes, reservando un 9% das prazas para a mocidade traballadora e  resérvase tamén un 9% para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen.

As instalacións a disposición dos mozos e mozas residentes durante o curso académico ofrecen aloxamento e mantenza, nelas desenvólvese unha serie de actividades e convivencias educativas a través das que se intenta fomentar valores sociais, culturais e deportivos.

Convocatoria para o curso académico 2017/18: 220 prazas.

Cidade

Residencia

Estudantes

Traballadores/as

Violencia xénero

Lugo

Centro Residencial Xuvenil “LUG”

60

7

7

Ourense

Florentino L. Cuevillas

45

5

5

Vigo

Altamar

75

8

8

 

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 13 de xullo de 2017.

As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da xunta https://sede.xunta.es, entrando no procedemento BS303B para estudantes e BS303D para traballadores/as.

Requisitos:

- Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.

- Non ter perdido a condición de residente por causa imputable a persoa solicitante.

-Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2017.

A mocidade estudante, ademais:

- Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato,  estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.

- Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos cales o/a solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima esixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.

A mocidade traballadora tamén deberán cumprir os seguintes:

- Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.

- No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida terá que ter unha duración mínima de 3 meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

- No caso de ser unha persoa traballadora autónoma por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.

Prezo: 

a) Habitación dobre: 324 € por residente e mes. 

b) Habitación cuádrupla: 250 € por residente e mes.

Período de estadía:

O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2017 e o 31 de xullo de 2018. Exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.

As persoas beneficiarias que teñan a condición de estudantes, iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia coincidindo co curso académico no que estiveran matriculadas (respectando sempre o período máximo antes indicado) e en todo caso concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos.

En calquera caso as persoas beneficiarias deberán iniciar a súa estadía na residencia como prazo máximo o 31 de outubro.

Máis información no DOG do 13 de xuño de 2017

Lugo: http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-lug-ii/

Ourense: http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-florentino-lopez-cuevillas/

Vigo: http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-altamar/