Fotografía no Aguiar. O Pasatempo

 

O martes 30 de maio os alumnos de ESO 3º C, divididos en dúas quendas de tres horas cada grupo, visitarán o parque Enciclopédico do Pasatempo. O motivo é realizar unha práctica  incluida no programa de introducción á linguaxe fotografica que o IES Francisco Aguiar, baixo a dirección e coordenación de José Manuel Rey Bao, leva realizando nos últimos anos. 

Como consecuencia dista actividade alumnos de diversas xeracións deron lugar á celebración de  exposicións no Liceo de Betanzos, para o Outono Fotográfico na Casa Museo Casares Quiroga de A Coruña,  e mesmo está no prelo a edición dun libro cos traballos do último ano. 

 

Si en anos anteriores o foco das camaras estivo dirixido ao casco vello de Betanzos, como un xeito de reivindicación e estímulo dunha mirada crítica no noso alumnado, desta volta é o Parque Enciclopédico de O Pasatempo.  Con isto o Departamento de Educación Plástica segue unha liña coherente de coñecemento e valoración do patrimonio betanceiro no que a escola pública debe ser abandeirada.  Sumámonos así, por certo, a outras recentes iniciativas de recuperación e valoración diste parque, iniciativas nas que xogaron un papel importante algúns ex alumnos como o noso arquiveiro de cabeceira,  Ángel Arcay.