Piiiiiiiiiiiiii ππππππ Celebrando letras galegas πππππππππ piiiiiiiiiiiiiii
Neste día festivo e de celebración das letras galegas temos o pracer de presentar as catro esopías escritas en galego que resultaron premiadas na III edición do Concurso de Esopías que a Biblioteca "Sebastián Buedo" do IES Francisco Aguiar convoca coincidindo coa Semana da Ciencia e da Tecnoloxía.
Da calidade dos traballos presentados dá conta esta escolma das catro "galesopías" premiadas.
Parabéns para cantos participaron!
(Imaxe: Pin de -Tzina_en Dreams)
Ela é vida e cadea,
bolboreta do camiño,
faena sen aliño,
asustada, pasaxeira.
Contigo morrerían cen
no mar. Tormenta cega,
calada se achega.
Amén
Antonio Casariego Cubeiro
[1º A ESO]
(Imaxe: "Zapatos de payaso")
Así é como o atopo,
acuruxado na escura
noite, cos ollos
chorosos, indefenso,
quizais maxinando que
un día escapará desa
inopia de tantos
anos.
Diego Teijo Barral
[4º A ESO]
(Imaxe:"Alas rotas")
Cae e cala e chora.
Expoliada do propio
corpo sen xuizo
lexítimo. Inocencia
turbada, arruinada, tan
só nun instante. Está
selada. El, exento,
anda.
Irene Docampo López
[4º A ESO]
(Imaxe:"Ojo digital" )
Ter a foto, o ollar
idealista da persoa
amada, que queda
habitada. Calabozos
abertos, cadáveres das
ás que posuímos. Ecos
cobren as tardes
idas.
Julia Nieto Mantiñán
[4º A ESO]
(Resultou tamén premiada unha esopía escrita en castelán e do que foi autor Antón Iglesias, alumno de 2º BAC. Próximamente teremos ocasión de publicala para disfrute dos nosos lectores)