Encontro do escritor Miguel García co alumnado de 4º da ESO
A tarde do martes 21 de marzo promete ser unha tarde intensa de encontros.
O alumnado de 4º da ESO que ven de ler na materia de Lingua Española a novela "Martín Zarza", terá a oportunidade de preguntar e dialogar co seu autor, Miguel García.
A actividade veu propiciada pola profesora Concha Barrilero que xestionou todo o concernente a esta actividade.
Deixamos aquí unha entrevista realizada co autor e emitida na RTVE no programa "La Aventura del Saber"
»