Visita do alumnado de 3º da ESO a Sotavento
Os vindeiros días 15 e 16 de decembro o alumnado de 3º da ESO terá a ocasión de visitar o Parque Eólico Experimental de Sotavento en Guitiriz.
O primeiro día, o xoves 15 serán os grupos B e D acompañados polos profesores Carmen Núñez de Tecnoloxía, e coordinadora da visita e juliñan Ferrer de Xeografía.
O segundo día, venres 16, será a quenda dos grupos A e C, nesta ocasión acompañados novamente por Carmen Núñez e pola súa profesora de xeografía, Teresa Bellón.
Esta actividade é xa todo un "clásico" nas actividades complementarias do noso instituto poque se leva celebrando, coas distintas promocións, durante varios anos.