O primeiro día de escola en Gubbio segundo Sara e Andrea

O noso primeiro día na escola foi moi entretido. Para comezar, fomos cos nosos correspondentes ás súas respectivas aulas.

Despois, faláronnos da súa cidade a través dunha presentación, da que destacaremos que celebran unha festa moi representativa, “Ceri”, e que teñen o abeto de Nadal máis grande do mundo (feito con luces de cores). Tamén nós lles amosamos unhas fotos de Betanzos. Logo, ensináronnos a súa escola e fomos comer. 

Xa pola tarde, leváronnos á “Fontana de Bargello” 

e presenciamos uns talleres ao lado da mesma: “Gypsea” e “Volta la carta”. 

Para rematar, sacamos unhas fotos en “Piazza Grande” e deixáronnos tempo libre.

Sara Núñez Fernández
Andrea López López