Nova edición da viaxe ao mundo clásico: Atenas

Un ano máis, o IES Francisco Aguiar ofrece ao seu alumnado unha viaxe cultural ao mundo clásico.

Comezaron estas viaxes hai xa uns anos co impulso dos profesores Rafaela Villalba e  o lembrado Sebastián Buedo,  e con eles os nosos alumnos poideron coñecer Atenas, Creta, Sicilia, Roma...

 

Este ano  un grupo de alumnos e alumnas de 2º BAC acompañados por Rafaela Villalba e Mª José Pereira coñecerán con profundidade a cultura grega, establecendo o centro de operacións na cidade de Atenas.