Transporte para as PAAU ( Selectividade) de setembro

Un ano máis informamos que haberá servizo de bus para que o alumnado participante poida achegarse ata os exames de selectividade a partir do mércores  14 de setembro

O autobús sairá dende a porta do Instituto ás 8 hs

 

  1. O alumnado participante nas PAAU deberá acudir á presentación o primeiro día,  e nas sucesivas probas, con puntualidade á  hora convocada para o seu comezo.

  2. O alumnado deberá concorrer a cada un dos exames  provisto:

 

      • DNI ou pasaporte

      • Pluma ou bolígrafo de tinta azul ou negra

    • Material propio de materias como: Debuxo ( compás, escuadra...) ou Latín e Grego ( dicionarios)

 

NON ESTÁ PERMITIDA A ASISTENCIA AOS EXAMES CON TELÉFONOS MÓBILES NIN OUTROS DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS, AGAS CALCULADORAS NON PROGRAMABLES. O incumplimento desta norma poderá ser motivo de medida disciplinaria.