Graduación 2016. A trastenda. TOMA 4!

A cerimonia de graduación do alumnado de 2º BAC  é cada ano unha fonte de alegrías e bos momentos.

A parte máis visible ten sempre un tono de vistosidade : vestidos elegantes, maquillaxes elaborados, zapatos-andamio imposibles, estrados enmoquetados, macetas e centros de fermosas flores, elaborados discursos, actuacións musicais brilantes....

Pero compre facer xustiza e dicir que todo este "oropel" non tería sido posible sen o traballo calado de moitas persoas que logo non aparecen nin nos créditos da película pero que son parte imprescindible do resultado final.

Comezaremos recoñecendo o traballo das limpadoras, especialmente este ano Esther e Yoli, para que o inmenso Polideportivo, as moquetas, as case 400 cadeiras... luzan como corresponde ao acto.

Non podemos esquecer o labor dos conserxes Fabiola e Ofelia disponibles  tanto para adecentar macetas de olivos como para recibir e orientar aos invitados cara ao polideportivo. E tanto o máis diremos de Glenn ..o noso McGiver  aguiarense: transportar macetas, mobles, colgar telóns, argallar soporte para o proxector...un labor polo que todos eles merecerían que lles puxeramos nun marco

Toda a dinámica da celebración sería moi difícil sen a axuda que este ano prestaron voluntarias catro rapazas e un rapaz de 1º BAC: Jesús (Fiuza), Laura Cortés, Noelia Fraga, Uxía Castelos e Alba Otero.  O primeiro aos mandos do son na mesa de mezclas. Alba pluriempleada como rexedora e fotografa. Uxía, Noelia e Laura rexedoras de luxo: avisando aos interviñentes, axudando aos graduados nos movementos de subida e baixada do estrado, indicando  aos participantes a posición nas fotos... Sen este grupo nada tería sido igual.

E non podemos esquecer a un grupo de profesores e profesoras habitualmente traballando na sombra para que todo quede bonito. Jose Manuel Rey que deseña o telón do escenario principal e que este ano, mentres a maioría facíamos ponte, el facía un gran cartelón para ilustrar a fotografía final de toda a promoción. Elvira Castro...enlace coa floristería e costureira do que faga falla, dende retais a follas para facer guirnaldas. Mª José Pardo e Lucía Sáez dispostas a substituir bártulos profesoriles  por agullas e fío. Pablo Sánchez pola súa brillante (plateada ou dourada segundo gustos) colaboración para deseñar o punto fotográfico dos cursos. A Javi Villaverde, Ainhoa Placer, Mar Nieves e Penélope Vidal por aportar tamén a súa axuda na montaxe do citado punto fotográfico.

Para todos...dende a vicedirección,  MOITAS GRAZAS