Graduación 2016. Tempo de discursos e fotografías. TOMA 3!

É claro que se algo caracteriza a estas celebracións son os parlamentos que diversos grupos dirixen ao conxunto dos asistentes. Como é habitual o pasado xoves contamos cos discursos de letras, ciencias e un mixto. Ademáis da benvida do Director e do discursos dos profesores.  A outra invariante deste tipo de actos son as fotografías, as que capturan eses derradeiros momentos festivos entre as paredes e nos patios do Aguiar.

Comecemos polos discursos.

Logo das palabras de benvida e ánimo do Sr. Director chegou o turno de palabra ás representantes do alumnado de ciencias.

Ainhoa Placer e Penélope Vidal (guapísimas)l teceron (e desta volta Penélope non desteceu) un entrañable discurso (enlace)  cheo de recordos e guiños ao público asistente, compañeiros e profesores.

Tomaron o relevo os representantes de Letras: Ángela Novo  xentilmente acompañada por Javier Villaverde . Mantiveron a liña engtrañable nun discurso (enlace) curto pero intenso ... e rematado cunha mención especial e un agasallo para a profesora que lles acompañou durante toda a súa estancia no Aguiar, a profesora de relixión Pilar Mosquera 

Tania Soto e Antía Rodríguez aportaron o punto máis cítrico, ou crítico se queredes, da tarde. Foron presentadas como unha bomba de sinceridade e alegría e...non defraudaron ( aínda non conseguimos o seu discurso pero en canto o teñamos colgarémolo nesta páxina)

Como remate de palabras o discurso "al alimón" (enlace) de Elvira Castro e Xan Munín. A primeira elegante ( como sempre) e evocadora dos primeiros anos dos nosos alumnos no Aguiar. Xan descubríndonos unha perfecta voz radiofónica e facendo gala dunha faceta retranqueira que completaba ás partes máis serias. 

No apartado de fotografía a estrela é a entrega da orla

 

A fotografía institucional para a prensa ( que como as da orla realiza a nosa fotógrafa de cabeceira Carmen Delgado)


E despois pinchos, saúdos e fotografías a esgallo. Imposible poñer todas así que van  algunhas que atopamos polas redes....

E xa, no bus, con dirección á cea en A Coruña

E logo da cea....mega_tasendfie

 

AdxuntoTamaño
DISCURSO DE CIENCIAS DE GRADUACIÓN 2015-2016-2.pdf100.7 KB
discurso_lertras_graduacion_2016.pdf106.17 KB
Discurso_Elvira_Xan_graduación_2016.pdf70.45 KB