Visita do alumnado do Ciclo á Cooperativa FEIRACO

O martes 19 de abril de 2016 os alumnos da Superior Xestión de Vendas e Espazos Comerciais iniciaron o seu programa de visitas didácticas cunha visita a FEIRACO.

 

Na visita coñeceron a comercialización dos seus produtos, a problemática do sector lácteo, percorreron á fábrica e seguidamente asistiron a unha charla sobre o emprendemento cooperativo no ámbito rural.