Prensa Escola no Aguiar
É triste condición dos seres humanos que nos afagamos ás cousas por máis importantes que poidan ser, e chegamos a considerar rutinario aquilo que debía ser valorado sempre como extraordinario. É o que ocorre coa participación, máis que veterana do Aguiar, no programa prensa-escola da Voz de Galicia.
Cada semana os nosos alumnos do primeiro ciclo da ESO teñen a oportunidade de recibir a prensa e dispoñen dun anaco de tempo para ler e traballar con ela nas aulas. O labor do departamento de Lingua Castelá e das súas profesoras é, neste sentido, imprescindible.