Concours de desserts
Co remate do trimestre, un ano máis, o Departamento de francés convoca un concurso de postres da gastronomía francesa, que agardamos coas papilas gustativas expectantes.
Departamento de Francés.
Data: venres, 18 de marzo de 2016.
Horas: toda a mañá. Visita guiada: 1º recreo. Degustación: 2º recreo.
Lugar: salón de actos do IES Francisco Aguiar.
Participantes: Poden participar no concurso tódolos alumnos de Francés .
MECÁNICA DO CONCURSO.
1.- As receitas poderán ser obtidas de libros de cociña francesa, revistas ou de Internet sempre que sexan orixinais en lingua francesa.
2.- Adicarase unha sesión de clase para traballar os aspectos lingüísticos das devanditas receitas.
3.- Para poder participar no concurso, será obrigatorio facer unha preinscrición. Esta terá lugar o martes 1 de marzo durante os recreos no Departamento de Francés.
4.- Unha vez elixida a receita, e traballada ao detalle, os alumnos participantes, de maneira individual ou en parellas, elaborarán na casa a devandita sobremesa para a súa presentación ao concurso o día seguinte.
5.- A devandita actividade complementaria está deseñada de tal xeito que non interfira nas actividades lectivas cotiás dese día.
6.- Tódalas sobremesas teñen que vir en pratos de usar e tirar. Non nos facemos responsables do que se poida romper.
7.- Os alumnos deixarán a sobremesa ás 8:45 da mañá do día do concurso no salón de actos, nas mesas dispostas ao efecto, xunto cunha copia da receita orixinal en francés,( e unha tradución da mesma ao galego ou castelán, para que os membros do xurado poidan entendela), así como un sobre co nome da sobremesa na parte exterior e o nome do(s) concursante(s) dentro do sobre. Acto seguido iranse ás súas clases normais podendo volver ao salón só no período do recreo.
8.- As sobremesas serán cualificadas por un xurado composto por membros da nosa comunicade educativa.
Ao longo da mañá, os membros do xurado irán pasando polo lugar onde estarán expostas as sobremesas, e iranas probando e cualificando de acordo cos seguintes criterios: DEGUSTACIÓN (SABOR), DIFICULTADE DE PREPARACIÓN DA RECEITA e PRESENTACIÓN.
9.- Os alumnos que teñan clase de Francés ese día, poderán baixar, nesa hora, acompañados da profesora (se esta o considera oportuno), para ver a exposición de sobremesas.
10.- No segundo recreo tódolos alumnos de Francés poderán degustar as sobremesas.
11.- Ao final da mañá exporanse os nomes das 3 sobremesas gañadoras para as que haberá uns premios moi interesantes.
OBXECTIVOS.
1.- Traballar na clase tódolos aspectos lingüísticos que abrangue unha receita de cociña en lingua francesa.
2.- Aproveitar o tema para facer un percorrido xeral pola rica e variada gastronomía francesa.
3.- Que os alumnos se interesen pola comida como unha fonte de saúde, sen esquecer a dimensión social, económica e cultural da mesma.
4.- Ser capaces de elaborar, a partires dunha receita orixinal francesa, un prato de sobremesa sinxelo no marco dunha actividade de posta en valor da cociña francesa.
SE OLLADES O SEGUINTE VIDEO ENTENDEREDES POR QUE O ANO PASADO FICAMOS AGARDANDO QUE VOLVESEN ESTAS DATAS