Anima! Vés á Biblio' e ves que é BES!

A biblioteca do Aguiar entra na rede de Bibliotecas Escolares Solidarias (BES) coa súa participación nunha iniciativa de voluntariado na Biblioteca. Hai meses que comezou, dun xeito bastante inesperado, este desexo dun grupo de alumnos por colaborar coa biblioteca ( e non só a cambio de cardíacas dozuras) : Ángela Rodríguez, Raquel Vázquez, Irene Docampo, Brais Agilda, Carmela Vázquez, Loreto Vázquez, Nuria Torregrosa, Julia Nieto, Julia Medín.

Agora confírmase, de xeito oficial, esta participación que, de seguro, aportaranos grandes alegrías.