Chegou aos nosos oídos... Xosé Luís Mosquera e os comezos de POEDÍA

Chegou aos nosos oídos.... unha nova iniciativa que parte dende  a Libraría Biblos e na que o noso compañeiro, profesor do Departamento de Xeografía e Historia, Xosé Luís Mosquera ten un papel importante.

Aberta, moi participativa, chea de propostas... así foi o mércores 20 de xaneiro a primeira xuntanza de Poedía, o encontro que cada terceiro martes de mes reunirá na Libraría Biblos a persoas co común desexo de abordar o asunto poético. O profesor e poeta Xosé Luís Mosquera presentou e conduciu o primeiro debate.

A vindeira cita será o martes 16 de febreiro, e os deberes que se puxeron para ese día consisten en achegar un poema que  marcara fondamente, contar algo sobre o porqué ou como, e presentar tamén algunha imaxe asociada a eses versos ou a esa circunstancia.