Chegou aos nosos oídos... Pepe Valverde "rutas conscientes", mindfulness
Chegaron aos nosos oídos... as andanzas (nunca mellor dito) do compañeiro de Educación Física, o profesor Pepe Valverde.
Dende a súa chegada ao noso instituto coñecemos a súa incesante actividade co alumnado da ESO para facelo coñecer a natureza próxima (Monte do Gato, Eume, Mandeo...).
O pasado curso 2014-2015 impulsou e dinamizou un seminario permanente cun grupo de profesores do Aguiar que exploraba o uso didáctico do mindfulness e a súa vinculación cun novo xeito de percibir a vivir a/na natureza.
O mindfulness preséntasenos como unha práctica individual que nos axuda a conectar, a coñecer e afondar na nosa esencia. A vivir e aceptar o momento presente. Propón unha mirada fonda cara ao entorno, chea de aceptación, compaixón y tenrura. A mesma que propón para cada quen.
Este ano Pepe está a afondar ampliando formación personal e práctica a través de "rutas conscientes" pola natureza galega como se pode seguir a través do seu blog ou da súa páxina de facebook