IV SEMANA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA

 

O luns 13 de abril comeza no IES Francisco Aguiar esta grande festa da Ciencia e da Tecnoloxía á que lle adicamos especialmente unha semana...e imos xa pola IV edición.

Participan, desta volta, máis Departamentos Didácticos: Tecnoloxía, Física e Química, Bioloxía, Matemáticas, Ciencias Sociais e mesmo a Biblioteca cun certame de microrelatos sobre o patrón do número "pi".

Para o primeiro día :

1.-   Profesorado e alumnado de tecnoloxía deixarannos coa boca aberta amosando un invernadoiro de teito automatizado con Arduino            ( aclaramos que non é o nome do señor que dá ao botón. Arduino é unha plataforma de prototipado de circuitos); tamén haberá unha demostración de coches que seguen liñas trazadas

2.-  Varias experiencias biolóxicas: "Corazón, corazón" ( non confundir con programa de TV); extracción caseira de ADN; "coñecer as árbores do noso instituto".

 

3.-  Tamén dende o departamento de Física lograrán asombrarnos e mesmo descubrir a beleza coa súa presentación "sensacións de Física".

4.-  Se alguén quere botar unha ollada á tecnoloxía do pasado terá toda a semana unha pequena exposición de tecnoloxías agrarias tradicionais: sachos, fouces, roldanas, romanas.... ¡e moito óxido!

E isto é só o primeiro día. Temos unha semana enteira por diante

para disfrutar da Ciencia e da Tecnoloxía no IES Francisco Aguiar.