VI Día da Ciencia en Galego

Mañá, mércores 4 de novembro, teremos ocasión de celebrar o VI Día da Ciencia en Galego, ocasión para reivindicar o necesario compromiso a prol da Ciencia Galega e do Galego na Ciencia.

Con tal motivo o ENDL do IES Francisco Aguiar convoca ao alumnado de ESO 4º A e B a unha videoconferencia  que terá lugar no noso Salón de Actos entre as 12.30 e as 13.30 hs.

 O profesor Xurxo Mariño, é Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998) e profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña. É especialista en neurofisioloxía e forma parte do grupo de investigación Neurocom, entre outros.

Falará sobre "A máquina que constrúe a mente e a realidade" .

Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, deste xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?