Estrela Cervantes
Última oportunidade para votar que unha estrela leve por nome 'Cervantes'
A Unión Astronómica Internacional (IAU) ten en marcha un proceso internacional para recibir propostas e votar cómo nomear 20 novos sistemas planetarios descubertos nos últimos anos. A comunidade astronómica española reparou nunha estrela e os catro planetas que a orbitan para levar o universo de Cervantes ao espazo.
Concretamente, solicitaron que a estrela coñecida actualmente como 'Mu Arae' leve o nome do escritor español, mentres que os catro mundos que a rodean sexan nomeados con catro das personaxes da súa obra principal: Quixote, Rocinante, Sancho e Dulcinea.
O periodo para poder votar esta iniciativa, que parte do Planetario de Pamplona, o Instituto Cervantes e a Sociedad Española de Astronomía, termina na media noite deste sábado 31 de octubre. A información para poder participar antes de que remate o plazo pódese atopar na web www.estrellacervantes.es.
A estrela Cervantes compite con seis propostas rivais de todo o mundo, polo que a movilización de votantes será clave para que un dos autores máis internacionales ocupe un lugar no Universo.
Na web da campaña 'estrella Cervantes', ademáis das instruccións para votar, inclúese máis información deste sistema planetario, os exoplanetas e a relación de Cervantes coa ciencia, entre outros temas.
Creose tamén unha páxina de Facebook e unha conta en Twitter, e anímase aos internautas a que amose o seu apoio mediante o hashtag #YoEstrellaCervantes.
Instruccións para votar:
- Despois de ler isto, preme na imaxe de abaixo para ir á páxina de votación da nosa estrela.
- Busca a opción de ‘Cervantes’ e preme en ‘Vote’
- Asegúrate de pasar a proba para demostrar que non es un robot e preme en ‘Submit’