Affiche ton français
Se botamos a vista atrás no curso que remata non podemos menos que felicitarnos como Centro educativo do grande impulso que deu á súa materia o departamento de Francés.
O traballo de Francisca Vales e Laetitia Vaucanson (coa axuda de Laura Ferro na súa estadía de máster) aunou a seriedade e o rigor académico dunha materia moi importante no proceso educativo do noso alumnado, cunha creatividade que, plenamente acorde cos obxectivos da materia, non tiña reparo en ir dende a construcción de sombreiros (catherinettes) á elaboración de sobremesas francesas. Celebramos con elas a Francophonie, leváronnos ao teatro, con elas viaxaron alumnos e alumnas de 3º a París...
Agora sorpréndennos cunha grande reivindicación do idioma francés "empapelando" unha das paredes dos nosos andares con "affiches".
Parabens polo traballo a alumnado e profesoras!