"bd. ban-de". Revista de Banda Deseñada do IES Francisco Aguiar nº 8
Certamente o mundo das revistas escolares é unha tradición asentada. Case todos os institutos teñen a súa. Pero non hai moitos que teñan unha revista específica adicada á Banda Deseñada. Hoxe presentamos o número 8 de "Ban-de" a Revista de Banda deseñada do IES Francisco Aguiar, confirmando que non se trataba dunha efímera iniciativa .
"Ban-de" xurdíu como resultado dunha fructífera relación entre os sucesivos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Uxía López, Xan Munín...) e o Departamento de Educación Plástica e Visual ( especialmente a través do profesor Xosé Manuel Rey Bao). A isto engadíronse xeracións de rapaces e rapazas que disfrutaban coa arte gráfica, a pintura, a banda deseñada: vímolos enchendo os pintaxizes ao remate de cada trimestre e decorando con eles biblioteca e cafetería; participando na interesante iniciativa da decoración de cadeiras recicladas; ou materializado o seu interese nos premios que acadou por varias veces a alumna Sarela Lorenzo ( o último forma parte do número que agora presentamos -mágoa que por cuestións economicas non poida ser a toda cor)
En suma, oitavo número da Ban-de. Que o disfrutedes como nos disfrutamos ao presentalo.