Mes das Letras Galegas no Aguiar.
Ao longo das últimas semanas, e nas vindeiras, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística que coordina o profesor Xan Munín está ofrecendo unha serie de actividades ao alumnado de 2º e 4º da ESO .
Mañá, 8 de maio, terá lugar a terceira e derradeira sesión do Obradoiro de Creación Literaria no que participaron alumnos e alumnas de 4º da ESO.
Mañá, tamén, terá lugar a terceira sesión do Obradoiro Radiofónico adicado a Xosé Filgueira Valverde no que están participando durante dúas horas cada día os diferentes cursos de 2º da ESO. Aos "controis" neste obradoiro, a nosa aprezada "ex", Lucía Abarrategui e Sergio Pascual.