“Prevención de Violencia de Xénero en adolescentes".Sesión do 23 de outubro

O pasado 23 de outubro tivo lugar a segunda sesión do taller de  “Prevención de Violencia de Xénero en adolescentes". Logo do traballo teórico ( día 17) de Natalia e Aroa chegaba o momento da aplicación práctica. Era o turno de Alejandro Gómez, policia nacional e experto en violencia de xénero e familiar.

Primeiro algo de teoría: a curva da violencia e os tres cerebros: reptiliano, emotivo e racional.

De seguido,  a práctica. En palabras de Rosalía Doporto, alumna de 4º B: "

Hoxe fomos testemuñas dunha espléndida charla que tivo por tema "como facer fronte ás situacións de violencia". Nela ensináronos que, ante unha situación deste tipo, na que o agresor non é capaz de razoar, debemos retirarnos para non agravar máis a situación. Isto témolo que facer cuns movementos que nos ensinou o monitor e que puidemos prácticar na clase."