Os sobres da Graduación (¿escándalo? )

Non paran as redes sociais de falar do evidente reparto de sobres que tivo lugar na cerimonia de graduación do alumnado do Aguiar o pasado 29 de maio.

Como cada ano os graduados reciben do seu titor unha insignia e un sobre que, nesta ocasión, contiña.... dous humildes obsequios.

Un tiña que ver co pasado. Non era outra cousa que a tradicional orla que recolle as fofotgrafías de todo o alumnado da promoción e dos seus profeso res.

 

O outro era unha tarxeta "caseiriña".  No anverso levaba unha imaxe que o Instituto recibíu como regalo da artista Sabela Arias. Un ha viñeta da serie "Icía e Avoa"

 

 

En canto ao texto que se atopaba no reverso da ilustración de Sabela, tratábase dun pequeno relato dos "contos ao teléfono" de Gianni Rodari que leva o título de "Historia Universal".

No inicio, a Terra estaba toda desamañada e facela máis habitable constituíu un fermoso labor. Non había pontes para atravesar os ríos. Non había camiños para subir as montañas. Queríaste sentar? Non había un banquiño á sombra. Caías co sono? Nin sequera había leitos. Non había zapatos nin botas para non se picar os pés. Nin lentes para os que vían pouco. Nin balóns para xogar un partido. Faltaban a pota e o lume para facer o caldo, e mesmo faltaba o unto. Non había nada de nada. Cero máis cero e basta.


Soamente había homes e mulleres con dous brazos para traballar, e así os erros máis grandes puidéronse remediar. Con todo, fican aínda moitos por corrixir:  refucide as mangas, hai traballo para todos!

 

¡SOBRES ERAN! PERO....