Encontro co escritor Pedro Sánchez Negreira
PEDRO SÁNCHEZ NEGREIRA, Verde como el Hielo, Zaera Silvar, A Coruña, 2013
Ilustracións de Dictinio de Castillo Elejabeytia
O Departamento de Lingua e Literatura Castelá organiza unha actividade que terá lugar no Salón de Actos do Instituto durante a primeira hora da tarde do martes 22 de abril. Nela participará o alumnado de 3º A, B, e C , que está a realizar un traballo centrado nos microrrelatos (o cuarto xénero narrativo para Irene Andres-Suárez) Con este motivo participarán nun encontro co escritor Pedro Sánchez Negreira autor de “Verde como el Hielo” .
"Moitos lectores e escritores de prestixio considérano [o xénero do microrrelato] un caixón de sastre para escritores incompetentes. Gosto das formas literarias hiperbreves. Certo é que hai moitas publicacións carentes de interés, de igual xeito que hai moitas novelas de moitas páxinas que non resisten unha lectura crítica. A calidade dos textos de Sánchez Negreira fai innecesaria a súa defensa. ¿Ídesme dicir vós tamén que o tamaño importa?" Francisco Rodríguez (Alto Risco)
»