Comeza unha nova viaxe... desta volta a París

 

         Retoma o IES Francisco Aguiar un clásico na historia das viaxes no Instituto:  os percorridos por Francia organizados polo Departamento de Francés. Certo é que desta volta non terá os rasgos épicos e case  heroicos das viaxes ¡ en autobús! ata a cidade do Sena,  pero en todo caso alá imos. Nesta ocasión as profesoras María José Carral e Teresa Fraga acompañan a rapaces e rapazas que cursan a materia de Francés en 3º da ESO e 1º BAC.

Agardamos que á volta poidamos amosar unha chea de imaxes desta "glamugosa" viaxe.