III Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade

 

Un grupo numeroso de institucions públicas e educativas de Betanzos promoven a que é xa a Terceira edición das Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade. Entre elas está o noso Instituto e a ANPA O Carregal,  que agrupa a nais e pais do noso Centro.

Este ano as xornadas terán lugar os días 9 e 10 de Maio. Animamos a toda a comunidade educativa do Aguiar ( pais, nais, profesorado, persoal non docente...) a participar nelas. No programa que se adxunta atoparedes o atractivo plan de actividades e o xeito de formalizar a inscrición.