CICLO SUPERIOR DE XESTIÓN COMERCIAL E MARKETING

Departamento                                    Actividades                            FCT          

Currículo, Características, perfil profesional, estrutura e horario

Currículo (formato PDF)

Acceso

  • Directo:
    • O alumno debe reunir algún dos requisitos seguintes:
    • Posuí-lo título de bacharelato LOXSE.
    • Ter superado o segundo ciclo da reforma das ensinanzas medias (REM).
    • Ter superado o curso de orientación universitaria ou preuniversitario.
    • Posuí-lo título de técnico especialista, técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
    • Estar en posesión dunha titulación universitaria ou equivalente.
  • Mediante proba:
    • Poden acceder mediante proba as persoas que non reúnan os requisitos académicos e teñan cumpridos os 20 anos de idade ou os cumpran no ano de realización da proba. No caso de posuí-lo título de técnico, para acceder mediante proba a un ciclo superior da mesma familia profesional, o requisito de idade é de 18 anos.
      A proba constará dunha parte xeral e dunha parte específica. Esta última versará sobre a materia do bacharelato Economía e organización de empresas.

Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo

Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

  • Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:
    • Ciencias da Natureza e da Saúde
    • Humanidades e Ciencias Sociais
  • O expediente académico do alumno no que se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia do bacharelato:
    • Economía e Organización de Empresas

Título que se obtén: Técnico superior en xestión comercial e marketing.

Perfil profesional:

 

 

Competencia xeral

Obter e/ou elabora-la información referida ó mercado, produto, servizo, prezo, distribución e comunicación, xestiona-los plans de actuación correspondentes ás compras, loxística e venda de produtos e/ou servizos e supervisa-la súa realización de conformidade coas instrucións recibidas e lexislación vixente.

  Contorno funcional Investigador comercial, compras, vendas, marketing e loxística comercial
  Saídas profesionais

Axudante de xefe de produto, técnico de compra, técnico de venda, técnico de novas instalacións, "Merchandiser", encargado de almacén, axudante do xefe de loxística, coordinador xefe de grupo de representantes, xefe de vendas, técnico de marketing e técnico en traballos de campo de investigación comercial.

Acceso directo a estudos universitarios:

Mestre (tódalas especialidades); Diplomado en Biblioteconomía e Documentación; Diplomado en Ciencias Empresariais; Diplomado en Educación Social; Diplomado en Estatística; Diplomado en Xestión e Administración Pública; Diplomado en Relacións Laborais; Diplomado en Traballo Social; Diplomado en Turismo; Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión; Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas;Licenciado en administración e dirección de empresas; Licenciado en dereito; Licenciado en economía; Mestre, todas as especialidades.

Estrutura académica:

O Ciclo Superior XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETING consta de dúas partes:

• PARTE PRESENCIAL DE CLASES NO CENTRO, cunha duración dun curso académico, e coa estrutura seguinte:

 

Nº de horas á semana

Módulo

 

3

IC - Investigación comercial

 

4

PM - Políticas de marketing

 

5

LC - Loxística comercial

 

3+1

MPV - Marketing no punto de venda

 

4+1

XCV - Xestión da compravenda

 

4+1

APIN - Aplicacións informáticas de propósito xeral

 

5

ING - Inglés

 

2

FOL - Formación e orientación laboral

 

3

PRIN - Proxecto integrado

 

3

Horas de libre disposición
  • FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO, cunha duración dun trimestre, que se desenvolverá no primeiro trimestre do seguinte curso. Mais información en http://www.edu.xunta.es/fp/fct.htm

Horario do ciclo CURSO 2013-2014