Crónicas Romanas IV by Elvira Castro

Luns 3 de marzo
Estamos en vísperas, parece que as pregarias na Basílica de San Pedro surtiron efecto e o sol acompañounos case todo o día. Subimos á cúpula da Basílica, as vistas merecen  a pena a pesar do esforzo realizado por unhas escadas, un tanto estreitas, algún que outro xa estaba arrepentido, pero non había volta atrás.

Xantar na Piazza del Popolo, vista da fonte dos Borrachos. Fracaso en Ara Pacis, só vista externa, os luns pecha. Paseo dende o Vaticano parando en Piazza Navona (música en vivo), última visita ao Panteón e Fontana de Trevi.

Cea de despedida, moi divertida, algúns, aos que tiñamos por tímidos, destaparonse como grandes cómicos, con moita gracia para contar chistes; en fin, unha velada que non esqueceremos. E para rematar... a preparar as maletas porque mañá, ás sete de volta a Betanzos.