¿Chove?. Larpeirando palabras o blogue cooperativo de Galego
Así ven os nosos compañeiros/as de Galego a actualidade climatolóxica destes días no seu blogue, "Larpeirando palabras"
É inevitable, temos que falar da chuvia, porque mira que chove...En todos os lugares, a todas horas, con quen sexa... sae o tema...porque mira que chove...
Si, xa sabedes que temos moito léxico chuviñento, pero nesta necesidade sociolóxica de comentar este fenómeno meteorolóxico pode pasar que non atopemos a palabra axeitada, esa que nos di como foi a chuvia ese día. E é neste contexto de melancolía chuviñenta que nos chega unha entrada do blogue de Román Landín que fala, como non, da chuvia. Porque mira que chove...
Ollade o vídeo non vaia ser que quededes sen palabras...