3ª e última xornada de traballo no Quérote + deste ano

Mañá, martes 21, rematan as sesións de traballo do programa Quérote + nas aulas  ( e comezará o traballo polo miúdo das diversas materias implicadas) . Os catro grupos de 3º de  ESO en sesións de dúas horas iran sucedéndose para o traballo do tema. 

Unha vez máis serán dirixidas polo dinamizador de Quérote +,  Santiago Legaspi. Nas dúas sesións anteriores tratáronse os temas da "convivencia" e a "imaxe corporal", desta volta o tema que se tratará é o da "sexualidade".