Conferencia sobre a proposta educativa da USC. Enrique Macías.
Mañá, 17 de xaneiro a partir das 10.25hs., o alumnado de 2º BAC do Aguiar terá a oportunidade de coñecer a proposta de estudos da Universidade de Santiago de Compostela.
Estará encargado dista exposición o profesor de Xeometría e Topoloxía da Universidade Compostelana Dn. Enrique Macías.
En momentos en que os estudantes están a decidir cousas importantes para a súa vida futura a información que recibirán mañá será, sen dubidar, de grande utilidade.
»