Facendo Camiño: Betanzos-Mesón do Vento (Tinoandainas)
O vindeiro martes, día 15 de outubro, reanúdanse as tradicionais andainas polo Camiño de Santiago na nosa bisbarra.
Volven a estar coordinadas polo profesor de Literatura Castelá, empedernido e impenitente andarín Tino Chao.
Nesta ocasión percorrerán o camiño alumnos e alumnas de 1º e 2º de BAC, acompañados por Tino Chao e polos profesores
Pancho Sánchez e Luís Gorrochategui, de Debuxo e Filosofía respectivamente.
»