Meteoescolas
Meteoescolas TIC: Climogramas con LibreOffice Calc
Dentro do traballo en Ofimática follas de Cálculo con LibreOffice Calc, os de 1º BAC TIC fixemos coma exercizo a elaboración dunha gráfica tipo climograma.
Para seguir os nosos pasos podes consultar o titorial que se liga aquí.
Tamén compartimos neste pdf algúns exemplos dos resultados do noso traballo:
Club de ciencia e Meteoescolas: crónica en imaxes e vídeo dunha tarde científico-tecnolóxico-matemática
Enviado por Pitusa o Dom, 25/04/2021 - 11:43"Meteoprogramación" actividades de recollida de datos con placas programables
Unha das actividades desenvoltas no Club de Ciencia de Abril tén relación coa recollida de datos con dúas placas de prototipado/robótica programables mediante linguaxes de bloques.
Con estes dispositivos realizaremos dous tipos de medicións con:
Navegade polas ligazóns para acceder á documentación e instruccións de ámbos os dous proxectos.
En Abril, augas mil"? Poñemos o refraneiro a proba
Enviado por Anónimo o Ven, 16/04/2021 - 10:12
O noso refraneiro di que "En Abril, augas mil", mais o certo é que levamos toda a semana co pluviómetro baleiro.
Desde hai uns días, ás 12:30, o equipo de Meteoescolas está a rexistrar as precipitacións en Betanzos, anotando os datos recollidos pola estación meteorolóxica.
Se tes curiosidade... achégate!. Estaremos encantados/as de explicarche o que estamos a facer!
Meteosimboloxía en debuxo vectorial con Inkscape, deseño de símbolos meteorolóxicos co alumnado de TIC de 4º da ESO
Enviado por Pitusa o Sáb, 20/02/2021 - 21:57Este curso en TIC de 4º ESO sumámonos ao proxecto ''Meteoescolas'' e deseñamos os nosos conxuntos de símbolos metereolóxicos para ilustrar o tempo no mapa de Galicia.
Empregamos para as nosas propostas de ''Meteosímbolos'' o software libre de debuxo vectorial ''Inkscape''.
Animarémonos a facer un noticiario metereolóxico coa nosa propia e particular simboloxía? Quén sabe, mentres tanto, facemos aquí público o noso traballo. Cál é o teu favorito?