Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
27
all day
Alumnado de B1 de Xeografía e Historia visitan o Pazo de Meirás, onde aprenden sobre a súa orixe e o seu rol na historia de España e de Galicia.
| 28
all day
O pasado martes 28 de maio o alumnado de bioloxía e xeoloxía de 4º de Eso realizou unha ruta dende o centro escolar ata a praia de Ponte po Porco co galo de facer unha avaliación da paisaxe da zona. Para iso desenvolveuse durante unha xornada escolar un roteiro de 16 km desde o centro escolar á próxima praia de Ponte do Porco. Durante o roteiro tiñan que avaliar, mediante unha recollida de datos nunha ficha, tres zonas diferenciadas: unha primeira urbana e agrícola, unha segunda máis rural, e por último unha terceira do río Lambre máis natural. Os aspectos recolleitos da paisaxe dividíronse para iso en tres bloques: elementos realizados polo ser humano , elementos naturais bióticos e elementos naturais abióticos. Tras esta análise deberían tipificar cada paisaxe e realizar unha valoración cuantitativa dos diversos aspectos atopados, tanto positivos como negativos. Con esta actividade pretendíase que recapacitasen sobre os distintos elementos que compoñen a paisaxe, así valorizar da paisaxe como un elemento importante na sustentabilidade, pola súa importancia ecolóxica, social e mesmo económica coimo fonte de turismo. | 29
Start: 29/05/2024 07:18
Durante o curso 2013-2014 comezaron as primeiras reunións dos Clubs de Lectura. Extendemos a convocatoria ás familias (e outros adultos da comunidade educativa) no inverno do 2013. A primeira reunión sucedeu o 19 de marzo de 2014. Iso significa que o 27 de marzo deste 2024, día da visita de José Ovejero, poderiamos ter conmemorado o décimo aniversario do noso Club de Lectura. Aproveitaremos a xuntanza deste próximo mércores 29 de maio para festexar esta longa andaina. 19 horas Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez IES Francisco Aguiar all day
all day
O IES Francisco Aguiar organizou un torneo intercentros de fútbol feminino no marco do programa Xogade da Xunta. Participaron o IES As Mariñas, o IES de Breamo, o IES de Mugardos, o CPI Virxe da Cela, o CPI Vales Villamarín e o CPI Castro Baxoi. Parabéns polo 3º posto conseguido tanto polo equipo infantil coma polo cadete!
| 30
all day
A Consellería de Educación vén de publicar información sobre o programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado de Francia durante o curso 2024/2025.
CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA: o alumnado residirá coa familia do seu homólogo francés e asistirá a clase no centro docente do seu anfitrión/anfitrioa, garantindo así a continuidade dos obxectivos curriculares e as competencias correspondentes á etapa educativa. Ao mesmo tempo, a familia do alumnado participante comprométese a acoller no seu domicilio e integrar na vida e actividades familiares a un alumno/a francés/a. As datas previstas son as seguintes:
DESTINATARIOS: alumnado que o vindeiro curso estea matriculado en 1º de Bacharelato, que curse francés como 1ª ou 2ª lingua estranxeira, que teña unha nota mínima de 7 no expediente da ESO e de 7 na materia de 4º de francés de 4º da ESO (ver outros requisitos na resolución que se achega). PROCEDEMENTO E CRITERIOS DE SELECCIÓN: (ver Anexo II) DOCUMENTACIÓN QUE O ALUMNADO DEBE PRESENTAR: solicitude de participación (ver Anexo I) DATA TOPE DE PRESENTACIÓN: mércores día 5 ás 14.15
all day
| 31
| 1
all day
| 2
Start: 02/06/2024 12:57
|