Eventos
O alumnado de E1 puido gozar da visita da escritoria Andrea Maceiras.
Alumnado de B1 de Xeografía e Historia visitan o Pazo de Meirás, onde aprenden sobre a súa orixe e o seu rol na historia de España e de Galicia.
O pasado martes 28 de maio o alumnado de bioloxía e xeoloxía de 4º de Eso realizou unha ruta dende o centro escolar ata a praia de Ponte po Porco co galo de facer unha avaliación da paisaxe da zona. Para iso desenvolveuse durante unha xornada escolar un roteiro de 16 km desde o centro escolar á próxima praia de Ponte do Porco. Durante o roteiro tiñan que avaliar, mediante unha recollida de datos nunha ficha, tres zonas diferenciadas: unha primeira urbana e agrícola, unha segunda máis rural, e por último unha terceira do río Lambre máis natural. Os aspectos recolleitos da paisaxe dividíronse para iso en tres bloques: elementos realizados polo ser humano , elementos naturais bióticos e elementos naturais abióticos. Tras esta análise deberían tipificar cada paisaxe e realizar unha valoración cuantitativa dos diversos aspectos atopados, tanto positivos como negativos. Con esta actividade pretendíase que recapacitasen sobre os distintos elementos que compoñen a paisaxe, así valorizar da paisaxe como un elemento importante na sustentabilidade, pola súa importancia ecolóxica, social e mesmo económica coimo fonte de turismo.
No ficheiro adxunop pode verse o mapa do percorrido e a ficha de recollida de datos para a avaliación da paisaxe
Durante o curso 2013-2014 comezaron as primeiras reunións dos Clubs de Lectura.
Extendemos a convocatoria ás familias (e outros adultos da comunidade educativa) no inverno do 2013.
A primeira reunión sucedeu o 19 de marzo de 2014.
Iso significa que o 27 de marzo deste 2024, día da visita de José Ovejero, poderiamos ter conmemorado o décimo aniversario do noso Club de Lectura.
Aproveitaremos a xuntanza deste próximo mércores 29 de maio para festexar esta longa andaina.
19 horas
Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez
IES Francisco Aguiar
O IES Francisco Aguiar organizou un torneo intercentros de fútbol feminino no marco do programa Xogade da Xunta. Participaron o IES As Mariñas, o IES de Breamo, o IES de Mugardos, o CPI Virxe da Cela, o CPI Vales Villamarín e o CPI Castro Baxoi.
Parabéns polo 3º posto conseguido tanto polo equipo infantil coma polo cadete!
A Consellería de Educación vén de publicar información sobre o programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado de Francia durante o curso 2024/2025.
CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA: o alumnado residirá coa familia do seu homólogo francés e asistirá a clase no centro docente do seu anfitrión/anfitrioa, garantindo así a continuidade dos obxectivos curriculares e as competencias correspondentes á etapa educativa. Ao mesmo tempo, a familia do alumnado participante comprométese a acoller no seu domicilio e integrar na vida e actividades familiares a un alumno/a francés/a.
As datas previstas son as seguintes:
- Estadía en Francia: do 16/09/2024 ao 11/10/2024
- Acollida en Galicia: do 28/10/2024 ao 22/11/2024
DESTINATARIOS: alumnado que o vindeiro curso estea matriculado en 1º de Bacharelato, que curse francés como 1ª ou 2ª lingua estranxeira, que teña unha nota mínima de 7 no expediente da ESO e de 7 na materia de 4º de francés de 4º da ESO (ver outros requisitos na resolución que se achega).
PROCEDEMENTO E CRITERIOS DE SELECCIÓN: (ver Anexo II)
DOCUMENTACIÓN QUE O ALUMNADO DEBE PRESENTAR: solicitude de participación (ver Anexo I)
DATA TOPE DE PRESENTACIÓN: mércores día 5 ás 14.15
Claudia Pérez Villalta, alumna de 2º Bac C, quedou finalista no 19º Concurso de fotografía Xurxo Lobato, convocado pola Asociación de Amigos do IES Monelos da Coruña.
Coma a entrega de premios concindiu coa tarde da graduación, o propio Xurxo Lobato acercouse ao noso instituto co diploma e o premio. Grazas a el e PARABÉNS a Claudia!
Con data do 12 de abril de 2024 publicouse o extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024/25.
Podedes atopar toda a información en:https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html
As solicitudes débense cumplimentar mediante formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es
O prazo de presentación de solicitudes extenderáse dende o día 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024, ambos inclusive.