Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
22
all day
| 23
all day
all day
O xenial Abraham Cupeiro encandilou ao alumnado de 2º e 4º da ESO sacando magníficos sons tanto de instrumentos guerreiros, coma o carnyx, coma de humildes tubos sonoros. O alumnado tivo ocasión de preguntar, e así o fixo, deixando patente o seu interese e curiosidade. Por último, Abraham fixo soar o shofar, instrumento que derrubou na antigüidade as murallas de Xericó. Esperemos que as de Betanzos sigan no seu sitio tras este concerto! all day
O pasado 23 de xaneiro tivo lugar o Obradoiro de Iniciación á Astronomía, organizado conxuntamente entre o profesorado do Club de Ciencia e do Proxecto MeteoEscolas. O alumnado recibiu unha charla acerca da evolución do concepto de gravidade ao longo da historia e dos principais movementos da Terra, aclarando cales causan as estacións e por que estas dependen do hemisferio no que se estea. Ademais, traballáronse nocións básicas de orientación, constelacións, eclipses e mitoloxía. Non se puido levar a cabo a observación posterior ao non se teren dado as condicións meteorolóxicas adecuadas. all day
Hoxe celebramos a entrega de premios do Concurso de Cómic convocado por Delia Vázquez, ex-alumna do noso instituto, e auspiciado por José Manuel Rey Bao, xefe do departamento de Educación Plástica e Visual. O gañador foi Enrique Barreiro Sánchez, de 1º de Bacharelato D, co seu traballo "Misión del queso". En palabras da xuíza, "el cómic presenta ritmos adecuados y una premisa interesante desde la primera viñeta." Además, "muestra originalidad y frescura". Parabéns ao gañador!
| 24
| 25
| 26
| 27
| 28
Start: 28/01/2024 17:54
A muller que pintou Edward Hooper está a ler (a Biblia?). O cadro leva o título Habitación de hotel [1931]. A muller que está sentada na sala 45 do Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, aínda que sexa na pantalla do seu móbil, probablemente estea a facer o mesmo: por que non pensar que estea a ler o que se di do pintor da soidade. Entre as suxestións de lectura desta semana, dous textos nos que a literatura dialoga coa arte. |