Eventos
O martes 17 de outubro conmemórase o día das escritoras.
Na ilustración de Fernando Vicente, Edith Wharton, Kate Chopin, Anaïs Nin, Jean Rhys, Katherine Mansfield e Flannery O'Connor. Estas autoras da órbita anglosaxona e outras seguro que serviron de estímulo á creación ás nosas autoras: Amaia Tomé, Berta Manteiga, Julia Nieto Mantiñán, Raquel Vázquez, Sara Parga Pérez e Valentina Sánchez Silva.
Alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato e de Xeoloxía de 2º de Bacharelato toman parte nunha visita guiada á Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo. Todas as fotos aquí.
O Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza, como en cursos anteriores, un concurso de relatos (ou microrrelatos) con temática de terror.
25 alumnos e alumnas de Bacharelato participan nunha visita cultural a Grecia, onde percorren Atenas, Delfos, a acrópole de Micenas, o teatro de Epidauro...
25 alumnos e alumnas de Bacharelato participan nunha visita cultural a Grecia, onde percorren Atenas, Delfos, a acrópole de Micenas, o teatro de Epidauro...
O próximo martes conmemórase o Día das Bibliotecas.
#DíaDasBibliotecas
#TecendoComunidades
Nalgunha das bibliotecas da contorna, tamén na Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, será doado atopar relatos que movan á inspiración para participar no Concurso de [Micro]Relatos de Terror.
25 alumnos e alumnas de Bacharelato participan nunha visita cultural a Grecia, onde percorren Atenas, Delfos, a acrópole de Micenas, o teatro de Epidauro...
25 alumnos e alumnas de Bacharelato participan nunha visita cultural a Grecia, onde percorren Atenas, Delfos, a acrópole de Micenas, o teatro de Epidauro...
25 alumnos e alumnas de Bacharelato participan nunha visita cultural a Grecia, onde percorren Atenas, Delfos, a acrópole de Micenas, o teatro de Epidauro...
O noso compañeiro e profesor de matemáticas, Álvaro Crego, está en Canadá no marco do Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) da Consellería de Educación, para mellorar a súa competencia lingüística en inglés e as súas habilidades didácticas, mediante a observación directa doutros compañeiros.
Velaiquí algunhas fotos da súa estadía:
FOTO SUPERIOR ESQUERDA: Na entrada do Forest Hill Collegiate Institute coa principal e os demais docentes galegos que tiñan asignado o mesmo centro. FOTO INFERIOR ESQUERDA: Co departamento de matemáticas do instituto. FOTO INFERIOR DEREITA: Paisaxe en Algonguin Park. |
|
Alumnado de 1º e 2º da ESO foron ata o río e realizaron medicións de ph, nitratos, osíxeno, temperatura...
De igual modo, observaron a fauna e analizaron o seu papel como bioindicadores.
Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos
Dentro deste plan, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, alumnado de 1º da ESO asiste a charlas sobre TIC/Ciberseguridade e Acoso/Ciberacoso.
Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos
Dentro deste plan, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, alumnado de 2º da ESO asiste a charlas sobre TIC/Ciberseguridade e Acoso/Ciberacoso.
Alumnado de economía de 1º de Bacharelato asiste a unha charla da Axencia Tributaria.
Os camiñantes do seu magnífico (e multipremiado) álbum ilustrado Migrantes (Libros del Zorro Rojo, Barcelona, 2019), atoparon un momento na súa peregrinación para ler.
Non podemos descartar que non estean a ler fábulas: esas historias breves protagonizadas por animais das que se desprenden ensinanzas morais.
Unha ensinanza posible: que os proclamados animais racionais resultan inexactamente xenerosos nos seus autodiagnósticos.