Eventos
O pasado luns 17 de outubro, día das escritoras, quedaban enriba da mesa os relatos de Lydia Davis e Lucía Berlin como suxestións de lectura.
Hoxe, 24 de outubro, día das bibliotecas, abrimos páxina coa ilustración da coruñesa Xulia Vicente para acompañar as propostas desta semana: a fulgurante secuencia de Irene Solà coa que comeza Canto yo y la montaña baila e un relato de Anxos Sumai.
Unha parte do grupo de 1º B de Bacharelato, o alumnado coa optativa de Debuxo Técnico, visita hoxe as obras de restauración do Parque Enciclopédico do Pasatempo.
⚠️THEODOR KALLIFATIDES⚠️
Reproducimos, con toda a gratitude, a entrada compartida por SOS Clásicas nas RRSS.
Neste #venresclásico temos un protagonista de excepción, o escritor de orixe grega Theodor Kallifatides.
O vídeo que vos presentamos hoxe foi gravado en maio, máis en concreto, na súa visita a Betanzos.
Dende aquí queremos agradecer a imprescindible colaboración do @iesfcoaguiar e, como non, as palabras dun autor que formará parte da literatura e que medrou entre os mitos e as lendas gregas!
#theodorkallifatides #literaturagriega #escritoresgriegos #escritoressuecos #griego #latín #greciayroma #culturaclásica #mitología Que día tan fermoso!
Grazas a Theodor Kallifatides, por ser e por estar; á Biblioteca Ies Francisco Aguiar por deixarnos esta parcela de "protagonismo" a Sos Clásicas . Grazas á Margarita Olivar Roldán pola tradución desta entrevista e á nosa Κασσάνδρα Καρβαλλειρα polo paciente e laborioso traballo de edición.
Susana Losada Soto
Unha parte do grupo de 1º B de Bacharelato (a outra metade) o alumnado coa optativa de Debuxo Técnico, visita hoxe as obras de restauración do Parque Enciclopédico do Pasatempo.
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Raquel Vázquez obtivo unha Beca Leonardo
A nosa [ex] Raquel Vázquez foi seleccionada na categoría de Creación Literaria y Artes escénicas co proxecto narrativo titulado Esta vida iba a ser otra.
Nesta categoría de Creación Literaria coincide con outras autoras e autores emerxentes como Noemí Sabugal, Sabina Urraca, María do Cebreiro, Lucía Carballal, Estefanía de la Chica ou Manuel Astur González-Álvarez.
As Becas Leonardo a Investigadores y Creadores Culturales de la convocatoria de 2022, teñen unha dotación global de 2.200.000 euros. Na ligazón pódese ver a composición dos distintos xurados e os beneficiciarios: Ciencias Básicas; Matemáticas; Biología y Biomedicina; Ciencias del Medio Ambiente y de la Tierra; Ingenierías y Tecnologías de la Información; Economía, Ciencias Sociales y Jurídicas; Humanidades; Música y Ópera; Creación Literaria y Artes Escénicas.
Parabéns...
O alumnado de 3º A e 3º E visitará a zona vella de Betanzos, no marco do estudo da música medieval.
O 31 de outubro, día do Ensino, ten a consideración de día non lectivo.
O día de Todos os Santos é un día festivo de ámbito estatal e ten a consideración de día non lectivo.
O día 2 de novembro ten consideración de día non lectivo, ao ter sido escollido polo Claustro como un dos festivos de centro.
O responsábel do Banco de Alimentos Rías Altas visitará o noso centro para informar ao alumnado de 4º de ESO sobre a actividade desenvolvida por esta institución. Ás 9:35 será o turno de 4ºA e 4º B, e ás 13:25 o de 4ºC e 4º D.
RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
Seguindo as instrucións establecidas na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG número 187 do 30 de setembro de 2022, procederase á renovación dos membros do CONSELLO ESCOLAR do IES Francisco Aguiar.
Tal como establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril (DOG, 29/04/1988), redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG 09/09/1996), o xoves día 3 de novembro ás 13:30 horas, coa presenza de Sara Fraga Sánchez (en representación dos alumnos), Begoña Calviño Ruanova (en representación do persoal de administración e servizos), Julia Ferreiro Regos (en representación do profesorado) e Rubén Otero Pérez (en representación de nais, pais e titoras ou titores), celebrouse, mediante o emprego dunha aplicación informática, o sorteo público para constituír a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, co seguinte resultado:
REPRESENTANTES DO ALUMNADO:
Adrián Roca Medal [Titular]
Antón Mosquera Martínez [Suplente]
REPRESENTANTES DE PAIS, NAIS OU TITORES LEGAIS:
Mónica Casal Fernández [Titular]
Verónica Rebollal Teillet [1ª Suplente]
José Luis Arias Cubilledo [2º Suplente]
REPRESENTANTES DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS:
Ana Villar Ponte [Titular]
Jessica Álvarez Caamaño [Suplente]
REPRESENTANTES DO PROFESORADO:
Carmela Rodríguez Rodríguez [Titular]
Álvaro Rivas Ares [Suplente]
Á Xunta Electoral, constituida por un representante de cada un dos colectivos, e presidida polo Director do IES, compételle publicar os censos electorais e aprobar o calendario de datas para a elección de tres representantes do alumnado, tres representantes do profesorado, dous representantes de pais ou nais, en todos os casos por fin da duración do nomeamento dos actuáis representantes.
Rogamos a todos os membros da comunidade educativa que desexen presentar as súas candidaturas para formar parte do novo Consello Escolar, que estean atentos ás instrucións que publicitará a Xunta Electoral do IES en próximas publicacións.
En Betanzos, a 3 de novembro de 2022.
Francisco Rodríguez Coloma
Director do IES Francisco Aguiar
Ler co virxinal asombro que se lle atribúe aos anxos...
Unha das maneiras que ten o xénero humano de porfiar coa morte é manter vivas as persoas arrebatadas. Sabemos que é unha guerra que temos perdida, aínda que, xestos como o de querer ler historias, como as escritas por Anxos Sumai ou por Almudena Grandes, permiten obter a gratificante sensación de ter vencido, polo menos, nalgunha das contendas.
O alumnado de Oratoria, de 3º de ESO, ten unha actividade asociada á aprendizaxe das habilidades comunicativas.
ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL DO 8 DE NOVEMBRO DE 2022
Ás 16:15 horas do 8 de novembro de 2022, reuniuse a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, coa seguinte orde do día:
- Constitución da Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar.
- Aprobación dos censos electorais.
- Aprobación do calendario electoral.
- Rogos e preguntas.
Unha vez constituida a Xunta Electoral, adóptanse os seguintes acordos:
· Aprobar os censos electorais dos diferentes sectores.
· Aprobar o seguinte calendario electoral:
- Prazo de presentación de candidaturas: Do 11 ao 18 de novembro, ambos incluidos.
- Proclamación provisional de candidaturas: 18 de novembro.
- Prazo de reclamacións: 19 - 20 de novembro.
- Proclamación definitiva de candidaturas: 21 de novembro
- Votación alumnado: 29 de novembro
- Votación profesorado: 29 de novembro [apertura de mesa: 10:20 / peche da mesa: 11:30]
- Votación pais/nais: 29 de novembro [de 16:30 ás 18:30]
- Proclamación de candidatos electos: 1 de decembro
|
|
|
Adrián Roca Medal [representante do alumnado] |
Ana Villar Ponte [representante do PAS] |
Carmela Rodríguez Rodríguez [representante do profesorado] |
|
|
|
Mónica Casal Fernández [representante de nais, pais, titores legais]
|
|
Francisco Rodríguez Coloma [Director do IES Francisco Aguiar] |
En Betanzos a 8 de novembro de 2022
O alumnado de 4º de ESO C e D recibirán un obradoiro de "apoderamento lingüístico" impartido pola sociedade cooperativa Rexenerando e ofrecido polo Servizo de Normalización do Concello de Betanzos.
Pode ser que ela estea a ler un relato de Erri de Luca e el teña entre as súas mans unha antoloxía de contos de Lucía Berlin.
Ou ben que estea a suceder que mesmo nesta intersección temporal, ademais de coincidir as súas miradas ao través dos cristais, coincidan as súas eleccións...
E polo tanto, a partir deste momento o que, até agora, ía en paralelo invertido, remate confluíndo nunha historia sobre a que alguén terá que escribir.
Ao longo da mañá os grupos de 2º de ESO participarán nun obradoiro de prevención de condutas suicidas.
JAVIER VÁZQUEZ COSTA, «Para vós, jogadores», AGAL, Santiago, 2022, 112 páxinas.
Esta semana recibimos con xúbilo a visita de Javier Vázquez Costa, [ex] alumno do noso IES, que veu a agasallar á nosa biblioteca cun exemplar do seu primeiro libro.
A súa titora do Traballo de Fin de Master, Teresa Moure, ante a excelencia do texto de Javier, Graduado en Ciencias Políticas pola USC, recomendou á editorial a publicación deste ensaio subtitulado As masculinidades nos videojogos.
Dúas observacións finais:
Primeira: nestes momentos Javier está a traballar na empresa NorQuality no Departamento adicado ao deseño de plans de igualdade.
Segunda: a adicatoria (Para el IES Francisco Aguiar por enseñarme tantas cosas permitirme conocer a compas y profes increíbles y por ser la inagotable fuente de sueños y fantasías de tanta gente), non foi obtida a punta de pistola.
Parabéns, Javier!
A delegación de SEDRA-FPFE Federación de Planificación Familiar en Galicia pon a disposición do noso centro un obradoiro de saúde sexual e prevención da violencia de xénero, que diriximos aos grupos de 1 de Bacharelato.
SEDRA-FPFE é unha organización non gobernamental que promove o dereito de todas as persoas a decidir libremente sobre a súa sexualidade e reprodución e que traballa con proxectos de educación sexual integral e atención á saúde sexual e reprodutiva.
- O alumnado de bacharelato propuso as seguintes frases para `botar unha pensada´.
O 17 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA.
- Os alumn@s de 2º de Bachalerato fixeron diversas interpretacións do símil da caverna de Platón.
A imaxe de Pau Valls está atravesada por unha liña diagonal.
Entre o balón de fútbol e o libro, quedamos cun libro no que, por que non, se poida falar de fútbol...
Eso si: preferimos os campos de O Carregal ou Riazor aos estadios de Qatar.
A nosa vitoria: aprender a saber perder para, cando corresponda, saber ganar con dignidade e respecto aos compañeiros que tiveran xogado no papel de adversarios.
A primeira conmemoración do calendario escolar do presente curso está dedicada ao Día Universal de la Infancia.
ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL DO 21 DE NOVEMBRO DE 2022
Sendo as 11:45 horas do 21 de novembro de 2022, reúnese a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar. A orde do día foi a seguinte:
- Análise e resolución das posibles reclamacións ao censo electoral.
-
Proclamación das candidaturas presentadas.
-
Sorteo das mesas electorais de titores, nais e pais.
-
Apertura do prazo de reclamación á proclamación das candidaturas: días 22 e 23 de novembro.
Tras verificar que non foi presentada ningunha reclamación ao censo electoral, examinadas as candidaturas presentadas no prazo e na forma establecida, determínase organizar alfabéticamente a seguinte relación:
REPRESENTANTES DO ALUMNADO: |
REPRESENTANTES DOS PAIS, NAIS E TITORES |
Barreiro Vázquez, Nébeda. Dans Pena, María Fernández García. Álvaro Fraga Barral, Julia Luces Bordón, Miguel Pérez Fernández, Jorge Suárez Sánchez, Sofía Vázquez Vilariño, Alba |
Cagiao Teijido, Susana Fiaño Gándaras, Teresa Otero García, María Souto Seijo, Mónica Vázquez Gómez, Patricia |
REPRESENTANTES DO PROFESORADO: |
|
Cagiao Teijo, Uxía Casado Bravo, David Del Río Entonado, David Isaac Figueroa Varela, Alma María Rodríguez Manso, Laura |
Tras a proclamación das candidaturas presentadas, procédese a sortear os membros das mesas de representantes de alumnos, e de representantes de titores legais, nais e pais, co seguinte resultado:
MESA DO ALUMNADO: |
MESA DOS PAIS, NAIS E TITORES |
Porto Abeledo, Fátima Campos Cupeiro, Rodrigo Ulloa Rey, Nerea Freire Calviño, Martín |
Rodríguez Hermida, Carlos Alberto Sánchez Vales, Juan Carlos García Pais, Sonia María Núñez Carro, Óscar |
Por último a Xunta Electoral establece o seguinte prazo de reclamación á proclamación das candidaturas: días 22 e 23 de novembro.
|
|
|
Adrián Roca Medal [representante do alumnado] |
Ana Villar Ponte [representante do PAS] |
Carmela Rodríguez Rodríguez [representante do profesorado] |
|
|
|
Mónica Casal Fernández [representante de nais, pais, titores legais]
|
|
Francisco Rodríguez Coloma [Director do IES Francisco Aguiar] |
En Betanzos a 8 de novembro de 2022
O alumnado de 3º de ESO dá clase ao alumnado dun grupo de 3ºEP do CEIP Vales Villamarín.
O alumnado de ciclo visita o hipermercado Eroski para coñecer un caso real dunha política de implantación de produtos dentro dos lineais, así como a planificación e preparación de campañas de promoción como o Black Friday.