Eventos
Venres Xullo 01, 2022
Start: 01/07/2022 16:37
Acto de entrega da VII Olimpiada de Traducción de Textos Clásicos en Griego. USC.
Durante a entrega deste segundo premio a Sofía Veiga García, o presidente da SEEC Galicia recordou o mérito da nosa (literalmente) laureada alumna por ter quedado en segundo lugar no Concurso Nacional Parnaso.
Parabéns de novo a Sofía e ao seu mentor, o profesor de Grego Francisco Calaza.
Start: 01/07/2022 16:57
Os alumnos de 2º BAC, Daniela Marcos Otero, Brais Cano Fariñas e Sofía Veiga García veñen de recibir o recoñecemento de Mellores Expedientes USC por vir de obter unha cualificación igual ou superior a 9 na parte obrigatoria da ABAU.
Este é un premio ao esforzo dos alumnos e un motivo de satisfacción para as súas familias e, por que non decilo, para os docentes que lles impartiron clase tamén nas anteriores etapas ao bacharelato: Daniela e Brais, no CPI Cruz do Sar de Bergondo, e Sofía, no IES Francisco Aguiar.
Brais desexa estudar Enxeñaría Aeronáutica e do espazo en Ourense.
Daniela, Traducción e Interpretación na Universidade de Salamanca. E a Sofía a esperan na UDC para cursar un doble grao: Simultaneidad: Grado en Inglés y Grado en Español.
Parabéns para todos eles e o noso desexo de que consigan os mellores logros nos seus estudos universitarios que comezarán o próximo curso.
Domingo Xullo 10, 2022
Start: 10/07/2022 20:07
EVA ALFONSO, Bienvenid@ al mundo de las mujeres bellota, Mismomundi, Galicia, 2013.
O pasado 28 de xuño a nosa compañeira Eva Alfonso entregou a Belén Iglesias, coordinadora da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, un exemplar adicado do seu libro ilustrado Bienvenid@ al mundo de las mujeres bellota, onde vivencia a maternidade nun diálogo de poesía e pintura.