Eventos
A Institución Galega de Ciencia ofrece unha serie de charlas sobre temas científicas.
A segunda charla desenvolverase no Salón de Actos o martes 23 ás 12 horas e versará sobre o COVID. O título da conferencia é Química e vida.
A conferencia será impartida por Maria Del Pilar Bermejo Barrera, Decana da Fac. de Quimica da USC
Percorrido de 10 km. polo Concello para promover a particpación da comunidade educativa a favor do rexeitamento público e formal da violencia de xénero e sensibilizar en valores de respecto e igualdade entre homes e mulleres.
Os grupos de 3º de ESO recibirán formación por parte de Guardia Civil sobre as formas do acoso escolar e as formas de combatilo.
O alumnado de 2ºC de ESO da materia de Programación acudirá ao evento Galicia Gamer no Espazo Xove.
Unha das maneiras que ten o xénero humano de porfiar coa morte é manter vivas as persoas arrebatadas.
Sabemos que é unha guerra que temos perdida, aínda que, xestos como o de querer ler historias, como as escritas por Anxos Sumai ou por Almudena Grandes, permiten obter a gratificante sensación de ter vencido, polo menos, nalgunha das contendas.
En colaboracióm co Concello de Betanzos dous grupos de 1º de Bacharelato asistirá o luns 29 de novembro á representación da obra teatral Golpes, que se realizará ás 11:00 horas na Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Liceo, na Praza de Galicia.
A sesión de 1ª avaliación de 2º de Bacharelato do curso 2021-22 desenvolverase o Luns, 29 de novembro, a partir das 16:00 até as 19:20.
Os grupos de 1º de ESO recibirán formación por parte de Guardia Civil sobre as formas do acoso escolar e as formas de combatilo.
O alumnado de 2 curso de Ciclo Superior visita o Eroski Betanzos para analizar a organización do establecemento, ubicación de seccións, reparto de lineais e presentación de produtos, co fin de ver na práctica os coñecementos explicados na aula.
Sabela Rivera González
Marcos López López
Celia Matos Fernández
Pablo Medín González
Juana Barreiro Sánchez
Aida García Regueiro
Karol Lemos Carro
Este é o terceiro ano no que o alumnado do IES Francisco Aguiar responde á solicitude da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, participando na elaboración do Calendario solidario pro Cancer Research Innovation Spain [Iniciativa Noel] [www.criscancer.org].
Por último, o noso explícito agradecemento á Fundación María José Jove, que, facendo posible a impresión deste calendario solidario, comprace os desexos de toda a xente de ben que sempre anda áprocura dun mundo mellor.
Hoxe día 6 celébrase a Constitución. O día non é lectivo.
Celébrase hoxe a festividade católica da Inmaculada Concepción, que ten a consideración de día non lectivo.
O instituto Francisco Aguiar acolle unha exposición que reivindica, mediante a tecnoloxía, o patrimonio das embarcacións tradicionais de Galicia 09 dic 2021.
Betanzos conserva nos seus ríos un gran número de embarcacións de madeira. Un patrimonio fluvial que debe perdurar malia que nos últimos tempos a carpintería de ribeira que permitiu construílas estea en retroceso e falte relevo xeracional para dirixir os barcos a bo porto. No instituto Francisco Aguiar, da man da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) e co apoio da Consellería do Mar, exponse estes días Fasquía 3D, unha mostra na que colaborou o propio centro xunto co ciclo de mantemento de embarcacións de recreo do CIFP Ferrolterra. Fasquía 3D, que naceu coma un proxecto de innovación educativa, propón achegar a tecnoloxía á tradición.
[...]
D. Vázquez, La Voz de Galicia, 9 de decembro de 2021.
O luns 13 de decembro reuniranse as seguintes xuntas de avaliación:
- 2º ano do Ciclo, ás 11.15.
- 3º de ESO e tres grupos de 4º de ESO, a partir das 16:00 até as 21:15.
Unha persoa representante do FUAC visitará o centro para impartir unha charla informativa sobre as bolsas de estudo da FUAC para titulados en FP, explicando as características das mesmas.
O martes 14 de decembro desenvolveranse as seguintes sesións de avaliación:
- 1º ano do Ciclo, ás 11.15.
- Un dos grupos de 4º de ESO e dous grupos de 1º de ESO, a partir das 18:05 até as 20:15.
O mércores 15 de decembro celebraranse as seguintes sesións de 1ª avaliación:
- Dous grupos de 1º de ESO e todos os grupos de 2º de ESO, a partir das 16:00 até 20:25.
A Asociación de Escritoras e Escritores es en Lingua Galega (AELG), organiza, coa colaboración da Deputación da Coruña, o programa "Pasemos páxina" que ten como obxectivo abordar a violencia machista nas aulas de secundaria a través do encontro con sete autoras galegas que tratan a temática na súa obra, tanto de narrativa como de ensaio.
A autora Priscila Retamozo visita 4ºA ás 12:35.
O Xoves, 16 de decembro reuniranse as sesións de avaliación de 1º de Bacharelato, a partir das 16:00 até as 20:00.
O día 17 de decembro os grupos de 4º de ESO visitarán o Espazo Xove para recibir unha charla impartida pola psicóloga clínica Sara Purcell Sobrino orientada á saúde mental na era poscovid.
O Departamento de Bio-Xeoloxía organiza unha saída áReserva de Anfibios do Catorce, en Coirós, dirixida aos cursos de 1º, 2º e 4º de ESO.
Esta reserva foi creada pola entidade custodia do territorio "Fundación Fragas do Mandeo".
O día 17 de decembro visítanos Sara Carreira, xornalista da Voz de Galicia, para dar unha charla a 1ºB e 2ºD de ESO sobre o proxecto A voz da Escola.
13ª Semana
[1ª Sesión]
SUPUESTO
Lo que sí asombró al personal del neuropsiquiátrico fue escuchar en los noticieros, en la mañana del 25, que esa noche ningún niño del planeta había recibido su regalo.