Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1
Start: 31/10/2021 22:00
End: 01/11/2021 08:15
O primeiro de novembro non é día lectivo e ten carácter de día festivo en todo o territorio do Estado.
Start: 01/11/2021 15:42
| 2
| 3
Start: 03/11/2021 11:07
ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR A publicación da Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 29/09/2021], determina que neste mes de novembro serán convocadas eleccións para a renovación do Consello Escolar. No IES Francisco Aguiar corresponde renovar, por fin da duración do nomeamento dos actuais representantes, as seguintes vacantes:
Mañá xoves 4 de novembro, no salón de actos, ás 11:45 horas, terá lugar o sorteo público para a constitución da Xunta Electoral.
Á Xunta Electoral, constituída por un representante de cada un dos colectivos, e presidida polo Director do IES, compételle organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, aprobar os censos e o calendario electoral.
Ao devandito sorteo poderá asistir calquera persoa da comunidade educativa (tras expresar ese desexo vía correo electrónico ao centro), que se celebrará ante a presenza das seguintes persoas: o director, a secretaria do instituto (presidente e secretario do proceso), un membro do profesorado, e dous membros do alumnado.
Para determinar titular e suplente de cada un dos estamentos que conforman a comunidade educativa, será empregada unha aplicación informática que proxectará nos canóns do salón os números atribuídos a cada persoa.
Os membros así nomeados para a Xunta Electoral serán citados para determinar o calendario do procedemento nunha reunión que terá lugar no despacho de Dirección o venres 5 de novembro de 2021.
Francisco Rodríguez Coloma
Director do IES Francisco Aguiar
| 4
Start: 04/11/2021 16:46
ACTA DO SORTEO PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
Tal como establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril (DOG, 29/04/1988), redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG 09/09/1996), o xoves día 4 de novembro ás 11:45 horas, coa presenza de Rosalía Fraga Barral (en representación dos alumnos), Jessica Álvarez Caamaño (en representación do persoal de administración e servizos) e Jorge Blanco Aller (en representación do profesorado), celebrouse, mediante o emprego dunha aplicación informática, o sorteo público para constituír a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, co seguinte resultado:
REPRESENTANTES DO ALUMNADO:
Pablo Gilsanz Pérez [Titular], Daniel Sánchez Gómez [Suplente]
REPRESENTANTES DE PAIS, NAIS OU TITORES LEGAIS: Xesús Fraga Sánchez [Titular], Francisco Manuel Barallobre García [Suplente]
REPRESENTANTES DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS: José Luis Yáñez Villaverde [Titular], Manuela Lourido Formoso [Suplente]
REPRESENTANTES DO PROFESORADO: Ana Vicos Lemos [Titular], José Manuel Montero Gómez [Suplente]
Á Xunta Electoral, constituída por un representante de cada un dos colectivos, e presidida polo Director do IES, compételle publicar os censos electorais e aprobar o calendario de datas para a elección de un representante do alumnado, tres representantes do profesorado, un representante de pais ou nais e un representante do persoal de administración e servizos, en todos os casos por fin da duración do nomeamento dos actuais representantes. Francisco Rodríguez Coloma
Director do IES Francisco Aguiar
| 5
Start: 05/11/2021 16:31
ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL DO 5 DE NOVEMBRO DE 2021
Ás 11:30 horas do 5 de novembro de 2021, reuniuse a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, coa seguinte orde do día:
Unha vez constituida a Xunta Electoral, adóptanse os seguintes acordos:
Prazo de presentación de candidaturas: Do 8 ao 15 de novembro, ambos incluidos. [Nesta entrada están os modelos para a presentación das candidaturas ben na secretaría do IES ou ben vía correo electrónico solictando rexistro de entrada] Proclamación provisional de candidaturas: 16 de novembro.
Prazo de reclamacións: 17 - 18 de novembro.
Proclamación definitiva de candidaturas: 19 de novembro
Votación alumnado: 23 de novembro
Votación profesorado: 23 de novembro [apertura de mesa:10:20 / peche da mesa: 11:30]
Votación pais/nais: 23 de novembro [de 16:30 ás 18:30]
Votación do PAS: 23 de novembro de 16:30 ás 18:30
Proclamación de candidatos electos: 29 de novemembro
Pablo Gilsanz Pérez [representante do alumnado]
José Luis Yáñez Villaverde [representante do PAS]
Xosé Manuel Montero Gómez [representante do profesorado]
Xesús Fraga Sánchez [representante de nais, pais, titopres legais]
Francisco Rodríguez Coloma [Director do IES Francisco Aguiar]
En Betanzos a 05 de novembro de 2021
| 6
| 7
Start: 07/11/2021 14:06
7ª SEMANA
[1ª SESIÓN]
Coinciden as propostas desta semana en relatar ben desde o mito, ben desde a lenda (que tamén pode ser moderna: lenda urbá). O lector poderá determinar o vínculo entre esas posibilidades e discernir cal é a modalidade que practica Albert Pinyol e cal a exercitada por Jürg Schubiger e Franz Hohler. |