Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
21
| 22
all day
Un estudo recente da RAG sobre o emprego e coñecemento do galego entre a mocidade sinala que só un 30% ten o galego como lingua habitual e que o 35% do alumnado castelán falante remata a ESO cunha escasa competencia oral e escrita nesta lingua. Unha das razóns que se apuntan para esta distancia entre a xente nova e o galego é a carencia de contidos atractivos para eles na nosa lingua. As rapazas e rapaces de 4º da ESO desmontan esa idea con exemplos atopados nas redes sociais, no audiovisual e nos diferentes estilos musicais : rock, rap, trap, pop, indie, tradicional. Engaden nos seus traballos a participación de músicos e influencers que comparten con eles reflexións sobre a súa relación co galego e animan ao seu uso. Iniciamos a publicación dos traballos realizados polo alumnado de 4º de ESO cun paseo polo pop, o rap e o trap en galego realizado por Jaime Carro, Ainhoa Crespo, Candela Lagares e Sergio Gayoso. Estes alumnos de 4º A conseguiron entrevistar ás integrantes de The Tetas bande De vacas.
No caso de Lucía Fernández e Fernando Gutiérrez, o seu traballo aborda o galego nas redes sociais, cunha entrevista á instagramer @unha_nova_paxarinha.
Nos vindeiros días publicaremos máis traballos de 4º de ESO sobre sociolingüística.
| 23
| 24
| 25
| 26
| 27
|