Eventos
Mar | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Obradoiro sobre afecto ofrecido pola asociación CASCO (Comité AntiSida de A Coruña). Datas e horarios. Todos os obradoiros teñen unha duración de dúas sesións de clase, e teñen un descanso/recreo no medio
Start: 05/11/2019 09:20
Nesta Unidade Didáctica pretendemos ensinar aos participantes a que aprendan a profundar de forma lúdica e pedagóxica nos aspectos relevantes da exposición de Norman Parkinson. Inspirándonos nas súas fotografías máis icónicas, cada unha das actividades pensouse para achegarse de forma innovadora ás diferentes fases da carreira deste gran artista. En concreto, para descubrir o seu atrevido estilo retratando aos seus modelos femininas e para entender a súa importante presenza na fotografía de moda. OBRADOIROS PARA BACHARELATO
Nesta actividade o particular estilo de Norman Parkinson será a fonte de inspiración para que os participantes poidan crear un complemento de roupa interactivo ou wearable. Tomando como referencia a obra Young Velvets, os participantes terán a oportunidade de experimentar con novos materiais tales como fíos de electricidade co fin de explorar os potenciais creativos que ofrece a integración da electrónica en téxtiles. Así mesmo, entrarán en contacto con procesos emerxentes de creación que vinculan moda e tecnoloxía. Axudados de dispositivos dixitais desenvolverán as súas habilidades manuais e a súa creatividade, tendo a oportunidade de, a través da costura, aprender a coser circuítos eléctricos. |