Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Abril 29, 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
29
Start: 29/04/2019 09:30

 

moving on theatre company

Teatro en el salón de actos del centro destinado a alumnado de 3º y 4º de la ESO. Organizado por el Departamento de Inglés . A compañía teatral 'Moving On' representará a obra 'The end of the beginnig' que trata de forma irónica un tema de actualidade como é o Brexit.

Horarios:        

1ª sesión 3º ESO 10:40

2ª sesión 4º ESO 12:00

 

 

Start: 29/04/2019 11:30
día da solidariedade interxeracional

Un pequeno grupo de alumnos/as de 3º da ESO acudirá, acompañado por Carmen Suárez do Departamento deLingua e Literatura Galega e  Julián Ferrer, do departamento de Xeografía e Historia ao espazo +60 de Afundación en Betanzos para compartir lecturas cos nosos maiores. Celebramos así o 29 de abril día internacional da solidariedade interxeracional. Saída ao redor das 11:30 e volta ás 14:00.

 

Fotografía orixinal Afundación

30
Start: 30/04/2019 08:45

Encontro organizado por Asomúsica,asociación de profesores de música de secundarie e bacharelato de Galicia, o alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato asistirá ao Auditorio Abanca de Santiago de Compostela para, da mán da súa profesora Blanca Bello Sobral, interpretar algunha das pezas que preparan nas clases.

Start: 30/04/2019 11:30

 

orientacion

Martes 30 abril 2019

Organizada por Amparo Mejuto Costa do departamento de Orientación, a charla correrá a cargo do especialista Domingo Álvarez Agudo. Terá lugar á 4ª sesión no salón de actos para todos os 4º ESO.

1
Start: 01/05/2019 01:01
End: 01/05/2019 21:56

Festivo

2
Start: 02/05/2019 08:06

proxecto terra

Participación do alumnado de Educación Plástica e Visutal nun intercambio territorial no entorno de Quiroga, o Courel e a Ribeira Sacra.

O alumnado pernoctará nun albergue en Quiroga e, visitará diferentes puntos deste singular entorno, recentemente declarado Xeoparque Mundial pola UNESCO.

•Importante: O alumnado debe ir preparado para poder camiñar polo monte.

O proxecto Terra, no que o 'Aguiar' leva anos participando da man de José Manuel Rey Bao, é un proxecto do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co fin de contribuir a mellorar a formación sobre as xentes, os espazos e os lugares que habitamos. Unha formación que redunde nun incremento no alumnado da súa capacidade crítica e propositiva sobre o noso medio construido para alcanzar unhas mellores condicions de vida.

Start: 02/05/2019 17:00

Convócase aos pais/nais/titores/titoras do alumnado participante na 'Viaxe a Grecia 2019' a unha reunión informativa o vindeiro xoves 2 de maio 2019 ás 17:00 horas no Aula de Idiomas do IES Francisco Aguiar

 

reunión viaxe Grecia

3
Start: 02/05/2019 08:06
End: 03/05/2019 17:06

proxecto terra

Participación do alumnado de Educación Plástica e Visutal nun intercambio territorial no entorno de Quiroga, o Courel e a Ribeira Sacra.

O alumnado pernoctará nun albergue en Quiroga e, visitará diferentes puntos deste singular entorno, recentemente declarado Xeoparque Mundial pola UNESCO.

•Importante: O alumnado debe ir preparado para poder camiñar polo monte.

O proxecto Terra, no que o 'Aguiar' leva anos participando da man de José Manuel Rey Bao, é un proxecto do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co fin de contribuir a mellorar a formación sobre as xentes, os espazos e os lugares que habitamos. Unha formación que redunde nun incremento no alumnado da súa capacidade crítica e propositiva sobre o noso medio construido para alcanzar unhas mellores condicions de vida.

Start: 03/05/2019 08:00

terapia ocupacional

A cargo de Tania Penas e Alfonso Seijo, ex-alumnos do centro no derradeiro curso do grao en Terapia Ocupacional na UDC. No salón de actos.

Horarios:

1ºBAC D de 10:25 a 11:15

1ºBAC E de 11:45 a 12:35

4
5
Distribuir contido