Eventos
Organizado polo equipo da Biblioteca e a oficina de turismo do Concello de Betanzos.
Turnos:
Grupos | Horarios |
ESO 3º B e C | de 10:40 a 12:20 |
ESO 3º A e D | de 12:35 a 14:15 |
Xornada de orientación
22ª SEMANA [4ª SESIÓN]
LUNS 11 DE MARZO 2019Organizado polos Departamentos de Latín e Grego. O alumnado de 1º e 2º de BAC matriculado en latín, grego ou literatura universal, asistirá en Lugo a dúas representacións teatrais. Saída sobre as 10:30 e regreso a Betanzos ás 19:30. 12:00 Electra, de Eurípides, Grupo El Ruiseñor (A Coruña) 17:00 Gemelos, de Plauto, Grupo El Ruiseñor (A Coruña) |
Dende o Concello de Betanzos nos chega unha invitacion á toda a comunidade educativa do 'Aguiar' para asistir esta tarde ás 19:00h no Edificio Liceo á inauguración da exposición 'Creatividade pola Igualdade'.
A mostra estará no Liceo dende o 12 ata o 30 de Marzo de 2019. Formada por traballos elaborados polo alumnado de todos os centros educativos de Betanzos, en horario de 10:00 h a 14:00 h e 18:00 h a 21:00 h os días laborables e de 11:30 h a 14:00 h os sábados. Organiza o Concello de Betanzos.
O noso centro colabora na mostra con traballos realizados polo noso alumnado, entre outros os presentados no concurso de 'Haikus contra a violencia de xénero' organizado polo equipo da Biblioteca o pasado mes de Novembro.
No salón de actos do centro para todos os 2º de Bacharelato. Charla organizada polo departamento de Orientación.
De 10:25 a 11:15
Organiza Xan Munín Neira, xefe do Departamento de Normalización Lingüística e profesor de Lingua Galega e Literatura en colaboración co Concello de Betanzos.
De 10:25 a 11:15 no salón de actos para todos os 1ºBAC
A actividade correrá a cargo do grupo Aldaolado.
Mércores 20 de Marzo 2019
Derradeira sesión neste curso do encontro con maiores do espazo +60 de Afundación. Organizado por Julián Ferrer do Departamento de Xeografía e Historia. Alumnado e maiores compartirán as súas experiencias, historias e soños para a escola pasada, presente e futura. De 9:35 a 11:15.
toma la luna
y toma una estrella
cuando no sepas
quién eres
pinta la imagen en tu mano
y vuelve a casa
[...]
toma la luna
y hazla hablar
saca tu alma
hazla andar
pinta la imagen en tu mano
y vuelve a casa
O alumnado asistirá, acompañado do profesor Juan M. Neira Fernández, as instalacións de Alumán en Arteixo. De 9:35 a 13:30
Xornada de entrenamento de baloncesto con ESO 2ºD e 2ºA de 10:40 a 11:30
Para os 3º ESO no salón actos, organizado polo departamento de Lingua Castelá e Literatura e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Horarios:
3º A e B de 10:40 a 12:20
3º C e D de 12:35 a 14:15
Organizado por José A. Valverde do Departamento de Educación Física.
Visita ás Médulas e a serra de Gistredo.
Xornada de entrenamento de baloncesto con ESO 1ºB e 1ºD de 12:35 a 13:25
Organizado por José A. Valverde do Departamento de Educación Física.
Visita ás Médulas e a serra de Gistredo.
Xornada de entrenamento de baloncesto con ESO 2ºB e 2ºC de 11:30 a 12:20
Organizado polos departamento de Bioloxía e Xeoloxía da man de Chus Santamariña e Emilio Duque.
Inscríbete na túa aula de clase ou en vicedirección indicando a vosa preferencia de día para asistir (luns 25 ou xoves 28).
Como prevemos que haxa un bó número de inscritos, e para poder atendervos mellor, realizaremos a mesma actividade os dous días e seredes convocados para un deles conforme as vosas preferencias e amizades.
Visita do alumnado de 3º da ESO (grupos A e B) ao MUNCYT da Coruña para a realización dun obradoiro de Electricidade e Electrónica e máis unha visita guiada. Hora de chegada ao museo ás 10:15. Saída de Betanzos ás 9:35 e chegada sobre ás 13:25.
O alumnado dos grupos 1º ESO C e D desfrutará dunha sesión de iniciación ao golf do club de Paderne, acompañados do seu profesor de educación física José Permuy Fraga. Horarios: De 9:35 a 12:20 ESO 1ºC De 12:20 a 14:15 ESO 1ºD |
Pendente de confirmar a data.
Charla organizada polo departamento de Filosofía con Beatriz García en colaboración coa alumna Ruth Gallego Huertas de 2º de BAC.
Para todos os 1º de BAC no salón de actos de 16:20 a 18:00.
A charla corre a cargo de, entre outras, Carmen Adán, filósofa, ensaísta e política galega, exdiputada no Parlamento Galego polo BNG, foi Secretaria Xeral de Igualdade do goberno galego de 2005 a 2009.
Xornada de entrenamento de baloncesto con ESO 1ºA e 1ºC de 17:10 a 18:00
O alumnado dos grupos 1º ESO C e D desfrutará dunha sesión de iniciación ao golf do club de Paderne, acompañados do seu profesor de educación física José Permuy Fraga. Horarios: De 9:35 a 12:20 ESO 1ºB De 12:20 a 14:15 ESO 1ºA |
Visita do alumnado de 3º da ESO (grupos C e D) ao MUNCYT da Coruña para a realización dun obradoiro de Electricidade e Electrónica e máis unha visita guiada. Hora de chegada ao museo ás 10:15. Saída de Betanzos ás 9:35 e chegada sobre ás 13:25.
Dentro do plan Betanzos 800 anos, o alumnado de 1º e 2º da ESO terán unha charla acerca do pasado e o futuro dunha da xoia do patrimonio brigantino 'O Pasatempo'. 1º ESO de 9:35 a 10:25 2ºESO de 10:40 a 11:30 |
Organizado polos departamento de Bioloxía e Xeoloxía da man de Chus Santamariña e Emilio Duque.
Inscríbete na túa aula de clase ou en vicedirección indicando a vosa preferencia de día para asistir (luns 25 ou xoves 28).
Como prevemos que haxa un bó número de inscritos, e para poder atendervos mellor, realizaremos a mesma actividade os dous días e seredes convocados para un deles conforme as vosas preferencias e amizades.
|
O alumnado de latín de 4º ESO visita a exposición das pinturas de emperadores e emperatrices de Roma deseñada por Alfredo Erias ' Miradas do Imperio'. No edificio Liceo de Betanzos de 11:30 a 12:20 |
Encontro co escritor Andrés Neuman co alumnado de Literatura Universal de 1º de BAC e alumnos/as do clube de lectura do mesmo nivel educativo.
Organizado polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura.
Ás 12:20 no salón de actos do centro
Dende as 8:45 ata as 18:00, o alumnado de Xeografía de 2ºde Bacharelato e o de 3º ESO A, realizará unha saída didáctica acompañados polos docentes Teresa Bellón e David del Río, dos departamentos de Xeografía e Historia e Lingua Castelá e Literatura.
Unha selección de alumnos/as de clásicas participará na V Olimpiada de traducción de textos clásicos que se celebrará o xoves 4 de abril Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, acompañados polo profesor de Grego Francisco Calaza.
Ademáis de premios en metálico para os gañadores, todos os participantes recibirán un diploma acreditativo da participación.
A festa de entrega solemne de premios e diplomas terá lugar previsiblemente o mércores 15 de maio de 2019 na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.