Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Novembro 5, 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
5
Start: 05/11/2018 09:40
sex-point casco

Obradoiro de Educación Afectivo sexual para 4º da ESO.

De 10:40 a 12:20

Nesta segunda sesión tratarase o tema das:

ENFERMIDADES DE TRANSMISIÓN SEXUAL

Start: 05/11/2018 17:46

 

 

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

 

Seguindo as instruccións establecidas na Resolución do 25 de setembro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG, 08/10/2018), procederase á renovación dos membros do CONSELLO ESCOLAR do IES Francisco Aguiar.

 

Tal como establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril (DOG, 29/04/1988), redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG 09/09/1996), o luns día 29 de outubro ás 13 horas, coa presenza de Manuel Castro Castro, Pablo García Alonso (en representación dos alumnos), Begoña Calviño Ruanova (en representación do persoal de administración e servizos) e Delfina Ruibal Vaamonde (en representación do profesorado), celebrouse o sorteo público para constituír a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, co seguinte resultado:

 

REPRESENTENTES DO ALUMNADO: Inés Varela Dopico [Titular],  Carla Fernández Ramallo [Suplente]

REPRESENTENTES DE PAIS, NAIS OU TITORES LEGAIS: Isidro Doporto Santos [Titular], Laura Ares Vázquez [Suplente]

REPRESENTENTES DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS: Esther Iglesias Iglesias [Titular], Fabiola Pérez Mosquera [Suplente]

REPRESENTENTES DO PROFESORADO: Beatriz García Pazos [Titular], Pilar Mosquera Boutureira [Suplente]

 

Á Xunta Electoral, constituída por un representante de cada un dos colectivos, e presidida polo Direcor do IES, compételle publicar os censos electorais e aprobar o calendario de datas para a elección de dous representantes do alumnado, tres representantes do profesorado e un representante de pais ou nais, en todos os casos por fin da duración do nomeamento dos actuais representantes.

Rogamos a todos os membros da comunidade educativa que desexen presentar as súas candidaturas para formar parte do novo Consello Escolar, que estén atentos ás instruccións que fará públicas a Xunta Electoral do IES en próximas publicacións.

 

 

Francisco Rodríguez Coloma

Director do IES Francisco Aguiar

 

6
7
Start: 07/11/2018 09:40
sex-point casco

Obradoiro de Educación Afectivo sexual para 4º da ESO.

De 10:40 a 12:20

Nesta segunda sesión tratarase o tema das:

ENFERMIDADES DE TRANSMISIÓN SEXUAL

Start: 07/11/2018 14:07

 

ACTA DA REUNION DA XUNTA ELECTORAL DO 7 DE NOVEMBRO DE 2018.

 

Sendo as 11.15 horas do 4 de novembre de 2018, reúnese a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar. A orde do día foi a seguinte:

 

  1. Constitutición da Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar.

  2. Aprobación dos censos electorais.

  3. Aprobación do calendario electoral.

  4. Rogos e preguntas.

 

Unha vez constituida a Xunta Electoral, adóptanse os seguintes acordos:

 

  • Aprobar os censos electorais dos diferentes sectores.

  • Aprobar o seguinte calendario electoral:

 

Prazo de presentación de candidaturas:

Do 9 ao 15 de novembro, ambos incluidos.

Proclamación provisional de candidaturas:

16 de novembro

Prazo de reclamacións:

19 e 21 de novembro

Proclamación definitiva de candidaturas:

22 de novembro

Votación alumnado:

26 de novembro

ESO, BAC e CICLO: de 9:00 a 13:00

Votación profesorado:

27 de novembro ás 10:20 ás 11:30

Votación pais/nais:

27 de novembro de 16:30 ás 18:30

Votación do personal de adminitración e servicios

Non corresponde

Proclamación de candidatos electos:

3 de decembro

 

 

8
Start: 08/11/2018 09:40
sex-point casco

Obradoiro de Educación Afectivo sexual para 4º da ESO.

De 10:40 a 12:20

Nesta segunda sesión tratarase o tema das:

ENFERMIDADES DE TRANSMISIÓN SEXUAL

Start: 08/11/2018 09:40
comunicacion emocional

Charla para 1º da ESO sobre Comunicación Emocional organizada polo Concello de Betanzos.

ESO 1º A 10:40 a 11:30

ESO 1º B 11:30 a 12:20

Concello Betanzos
9
Start: 09/11/2018 09:40
sex-point casco

Obradoiro de Educación Afectivo sexual para 4º da ESO.

De 10:40 a 12:20

Nesta segunda sesión tratarase o tema das:

ENFERMIDADES DE TRANSMISIÓN SEXUAL

Start: 09/11/2018 09:40
comunicacion emocional

Charla para 1º da ESO sobre Comunicación Emocional organizada polo Concello de Betanzos.

ESO 1º C 10:40 a 11:30

ESO 1º D 11:30 a 12:20

Concello Betanzos
10
11
Distribuir contido