Eventos
Obradoiro de Educación Afectivo sexual para 4º da ESO. De 10:40 a 12:20 Nesta segunda sesión tratarase o tema das: ENFERMIDADES DE TRANSMISIÓN SEXUAL |
RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
Seguindo as instruccións establecidas na Resolución do 25 de setembro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG, 08/10/2018), procederase á renovación dos membros do CONSELLO ESCOLAR do IES Francisco Aguiar.
Tal como establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril (DOG, 29/04/1988), redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG 09/09/1996), o luns día 29 de outubro ás 13 horas, coa presenza de Manuel Castro Castro, Pablo García Alonso (en representación dos alumnos), Begoña Calviño Ruanova (en representación do persoal de administración e servizos) e Delfina Ruibal Vaamonde (en representación do profesorado), celebrouse o sorteo público para constituír a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, co seguinte resultado:
REPRESENTENTES DO ALUMNADO: Inés Varela Dopico [Titular], Carla Fernández Ramallo [Suplente]
REPRESENTENTES DE PAIS, NAIS OU TITORES LEGAIS: Isidro Doporto Santos [Titular], Laura Ares Vázquez [Suplente]
REPRESENTENTES DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS: Esther Iglesias Iglesias [Titular], Fabiola Pérez Mosquera [Suplente]
REPRESENTENTES DO PROFESORADO: Beatriz García Pazos [Titular], Pilar Mosquera Boutureira [Suplente]
Á Xunta Electoral, constituída por un representante de cada un dos colectivos, e presidida polo Direcor do IES, compételle publicar os censos electorais e aprobar o calendario de datas para a elección de dous representantes do alumnado, tres representantes do profesorado e un representante de pais ou nais, en todos os casos por fin da duración do nomeamento dos actuais representantes.
Rogamos a todos os membros da comunidade educativa que desexen presentar as súas candidaturas para formar parte do novo Consello Escolar, que estén atentos ás instruccións que fará públicas a Xunta Electoral do IES en próximas publicacións.
Francisco Rodríguez Coloma
Director do IES Francisco Aguiar
Obradoiro de Educación Afectivo sexual para 4º da ESO. De 10:40 a 12:20 Nesta segunda sesión tratarase o tema das: ENFERMIDADES DE TRANSMISIÓN SEXUAL |
ACTA DA REUNION DA XUNTA ELECTORAL DO 7 DE NOVEMBRO DE 2018.
Sendo as 11.15 horas do 4 de novembre de 2018, reúnese a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar. A orde do día foi a seguinte:
-
Constitutición da Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar.
-
Aprobación dos censos electorais.
-
Aprobación do calendario electoral.
-
Rogos e preguntas.
Unha vez constituida a Xunta Electoral, adóptanse os seguintes acordos:
-
Aprobar os censos electorais dos diferentes sectores.
-
Aprobar o seguinte calendario electoral:
Prazo de presentación de candidaturas: |
Do 9 ao 15 de novembro, ambos incluidos. |
Proclamación provisional de candidaturas: |
16 de novembro |
Prazo de reclamacións: |
19 e 21 de novembro |
Proclamación definitiva de candidaturas: |
22 de novembro |
Votación alumnado: |
26 de novembro ESO, BAC e CICLO: de 9:00 a 13:00 |
Votación profesorado: |
27 de novembro ás 10:20 ás 11:30 |
Votación pais/nais: |
27 de novembro de 16:30 ás 18:30 |
Votación do personal de adminitración e servicios |
Non corresponde |
Proclamación de candidatos electos: |
3 de decembro |
Charla para 1º da ESO sobre Comunicación Emocional organizada polo Concello de Betanzos. ESO 1º A 10:40 a 11:30 ESO 1º B 11:30 a 12:20 |
|
Obradoiro de Educación Afectivo sexual para 4º da ESO. De 10:40 a 12:20 Nesta segunda sesión tratarase o tema das: ENFERMIDADES DE TRANSMISIÓN SEXUAL |
Obradoiro de Educación Afectivo sexual para 4º da ESO. De 10:40 a 12:20 Nesta segunda sesión tratarase o tema das: ENFERMIDADES DE TRANSMISIÓN SEXUAL |
Charla para 1º da ESO sobre a Prevención de Drogodependencias: prevención do consumo de cannabis organizada polo Concello de Betanzos. ESO 1º A 16:20 a 17:10 ESO 1º B 17:10 a 18:00 |
|
Charla para 1º da ESO sobre a Prevención de Drogodependencias: prevención do consumo de cannabis organizada polo Concello de Betanzos. ESO 1º C 10:40 a 11:30 ESO 1º D 11:30 a 12:20 |
|
Reunións para 1º de BAC nos recreos na Biblioteca. |
Reunións para 1º de BAC nos recreos na Biblioteca. |
Organizado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura para todos os 1º da ESO O espectáculo comezará ás 12:00 no Forum Metropolitano da Coruña. A saída está prevista sobre as 11:00 para chegar ás 13:25. |
Charla organizada pola área de Servizos Sociais e a área de Xuventude do Concello de Betanzos.
O Departamento de Francés está a organizar unha viaxe cultural a Bélxica, programada para a semana anterior ao período vacacional de Semana Santa, dirixida ao alumnado de Francés de 1º de Bacharelato. Con tal motivo convocámolos a unha reunión informativa o próximo martes, 20 de novembro, ás 18 h 00, que terá lugar no salón de actos do centro escolar.
|
Reunións para 1º de BAC nos recreos na Biblioteca. |
Reunións para 1º de BAC nos recreos na Biblioteca. |
Charla para 2º da ESO sobre Comunicación Emocional organizada polo Concello de Betanzos. ESO 2º C 10:40 a 11:30 ESO 2º D 11:30 a 12:20 |
|
Reunións para 1º de BAC nos recreos na Biblioteca. |
Charla para 2º da ESO sobre a Prevención de Drogodependencias: prevención do consumo de cannabis organizada polo Concello de Betanzos. ESO 2º C 10:40 a 11:30 ESO 2º D 11:30 a 12:20 |
|
No Edificio Liceo de Betanzos, a cargo da compañía de Ricardo Fracer
Grupos de 1º de BAC (B, D, E)
Grupos de 2º de BAC (A, E)
O vindeiro luns 26 de novembro terá lugar a primeira reunión do Club de Ciencia Aguiar para a realización dun obradoiro de Soporte Vital Básico. Desenvolveráse pola tarde en horario de 16:20 a 18:00 e é a primeira das reunións do clube. Benvidos futuros científicos. Nunca perdades a curiosidade! |
Para todo 1º de BAC a cargo de Carlos Caraglia CEO de earth.360
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o V Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2018, tras o éxito conseguido nas anteriores edicións e referendado polos nosos competidores nas edicións dos campionatos estatais SpainSkills e a presenza de alumnado galego nos campionatos internacionais WorldSkills e EuroSkills.
O alumnado do Ciclo de Vendas e Espazos Comerciais asistirá o vindeiro mércores 28 de novembro.