Dinamización Lingua Galega

PIALE no Porto - Experiencia da nosa profesora Helena Fernández

A profesora do noso centro, do Departamento de Lingua e Literatura Galegas, Helena Fernández vén de participar en Porto no Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) da Xunta de Galicia. 

 

A estadía compartiuse con outros dezanove docentes de toda Galicia desde o 9 de outubro ao 5 de novembro. O programa consiste na integración nun centro escolar portugués para coñecer novas pedagoxías e observar o seu sistema educativo, alén da mellora na lingua portuguesa, adquirindo vocabulario específico do ámbito educativo. O seu centro de acollida foi a Escola Básica e Secundária Clara de Resende de Porto, onde se sentiu coma na casa. Todo isto está enfocado para a implantación ou mantemento da lingua portuguesa nos respectivos centros da Galiza.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Piale no Porto (Helena Fernández)

Acto de inauguración Aula Exterior Francisco Fernández del Riego

O IES Castelao inaugurou unha aula exterior na honra de Francisco Fernández del Riego cun acto no que non puideron faltar o folclore, a lingua galega e o positivismo do que tanto presumía o falecido escritor

Álbum: Curso 2023/2024 -> Inauguración Aula Exterior Francisco Fernández del Riego

Xornada no Verbum, novas tecnoloxías

     O 6 de maio o alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO e de Tecnoloxía Industrial e TIC de 1º de Bacharelao disfrutou no Verbum duns obradoiros propostos polo alumnado de Enxeñería de Telecomunicacións da Uvigo e organizado por Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Xornada no Verbum

"De Carballo Calero a Xela Arias"

Unha das moitas actividades con que este ano celebramos o Día das Letras Galegas en homenaxe a Xela Arias foi a actuación, o día 13 de maio, de Serafín Marcos.

Á actividade  asistiu o alumnado de 3º da ESO e levaba por título “De Carballo Calero a Xela Arias”. Serafín Marcos, dunha maneira didáctica e divertida, amosoulles a vida e obra de Xela e fixo un especial recordatorio de Carballo Calero, ao que se lle adicara o Día das Letras Galegas o ano 2020.

Álbum: Curso 2020/2021 -> De Carballo Calero a Xela Arias

Entroido de Vigo: O merdeiro

O Entroido continua no espírito de tod@s nós e tamén así a figura tradicional do Entroido de Vigo: o merdeiro. Aquí deixamos un vídeo da Asociación Etnográfica A merdeira, onde vos explican a figura. Medre o Entroido!!

A lingua galega: Unha oportunidade

          Onte martes 12 de febreiro, acudimos co alumando de 1 Bach D ao Auditorio Municipal do Concello de Vigo, para asistir á conferencia "A lingua galega: unha oportunidade". O poñente foi o escritor e director do Servizo de Normalización Lingüística da USC Manuel Núñez Singala. Ademais do agradable paseo de ida e volta, a charla foi moi amenta e aprendemos que o galego estaría por número de falantes no posto 136 entre as cinco mil linguas do mundo. Tamén descubrimos que ten unha forte presencia en internet e que non necesitamos escoller entre as nosas linguas, podendo utilizar todas. Finalmente falounos do poder do grupo social e fixo valorar ao noso alumnado o multilingüismo e a importancia de manter viva a nosa lingua. Esperamos disfrutar de máis actividades como esta.

Álbum: Curso 2018/2019 -> A lingua galega: Unha oportunidade

Medidas do brillo do ceo no IES Castelao

     En febreiro o gupo de "Calidade do Ceo Nocturno" instalou un SQM para  medir o brillo do ceo nocturno. Tamén impartiron unha charla sobre contaminación lumniosa a alumnado de 1º bacharelato. Clica aquí para ver os resultados da medición.

Distribuir contido